Actividade complementaria dos alumnos de Pilates, Danzas do Mundo e Ximnasia.


ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA DE:
• XIMNASIAS PARA MAIORES (C.S.TEIS)
• EXERCICIO COMO TERAPIA E DANZAS (C.S. COIA)
DATA DA ACTIVIDADE:
• 6 DE ABRIL DO 2011
TIPO DE ACTIVIDADE:
• SENDEIRISMO: RUTA DOS PEIXES (BOUZAS)

Unha vez máis quixemos inaugurar unha ruta nova que fixeron en Vigo. É a ampliación do paseo que xa existía por Bouzas e que ampliaron, chamándoa a “Ruta dos peixes”, un paseo moi agradable xa que é totalmente chan e sempre á beira do mar, coa relaxación que elo conleva.
Era unha actividade complementaria das actividades arriba mencionadas pero ó final decidín que podía vir todo o que quixera, e viu xente de Pilates e danzas e Ximnasia das tardes do C.S. Coia, e de Ximnasia de mantemento do C.S. Teis.

Saímos ás 10 h. da alameda de Bouzas e cruzamos pola praia para comezar o camiño, que rematamos pasados 30 minutos (so de ida) e paramos para facer unhas fotos e comer un pouco. Cando chegamos de novo á praia, como era cedo decidimos facer o camiño que vai ata Alcabre pola beira do mar, moi bonito tamén, e dende alí voltamos para Bouzas para coller os coches ou autobuses, de volta para casa.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

En total nos reunimos na excursión 45 alumnos/as.

Víctor González Romero

Monitor de Gimnasia.

A %d blogueros les gusta esto: