Aclaraciones de la Dirección del Centro a un comentario

A Dirección do Centro Sociocomunitario de Coia, fixose eco dos comentarios aparecidos na revista de Voluntarios deste Centro, dunha persoa que se identifica cun nome que non figura na base de datos de usuarios e que solicita información sobre a xestión orzamentaria do Centro. Como sempre, estaremos encantados de atender calquera tipo de observación ou suxestión que axude a mellorar os servizos que ofrecemos á comunidade.
Desgraciadamente, como neste caso, non podemos manter ningún tipo de interacción con persoas que non se identifican correctamente e que non sabemos nin si son usuarios do Centro, xa que o proceso de comunicación non se realiza en igualdade de condicións.

Recordamos que existe unha caixa de correos de suxestións a disposición dos usuarios e que, previa cita, a Dirección do Centro pode atender persoal e formalmente calquera solicitude. Ademais, faise saber que existen órganos que controlan e auditan a xestión orzamentaria do Centro e que en todo momento calquera usuario pode dirixirse a eles para solicitar información sobre o noso Centro.

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
R/ Concepción Arenal, 8 – 36201 Vigo

Xefa do Servizo de Xestión Económica: De Saracho Portela, Mª Teresa 986-817647

Xefe de Sección Administración e Habilitación: Corbacho Ovelar, César 986-817059

Facemos desta mensaxe a resposta oficial da Dirección a todo aquel comentario relacionado directamente coa xestión do Centro no que o usuario non se identifique correctamente.

Un cordial saúdo.

A Dirección.

A %d blogueros les gusta esto: