Abre a pista de Xeo

A pista de xeo volve como cada Nadal. Do 1 de decembro ao 8 de xaneiro, de forma ininterrompida e con horarios adaptados a esta época, Coia recibe unha actividade de lecer tradicional en Vigo dende o ano 2000.
Dende a organización estímase que a partires dos 3 anos de idade en diante,  calquera vigués ou viguesa pode patinar, e para iso contará con quendas de dúas a cinco monitores ao longo dos 39 días que abre a pista.   A pista ten capacidade para 100 usuarios cada hora e por 6 euros pódese patinar durante 45 minutos.    Ademais, como cada ano, haberá prezos especiais para os grupos de escolares (3 euros/persoa). O prezo por patinar mantense conxelado dende 2000.
Tras ter sido instalada estes anos en Castrelos, a chaira do Náutico ou na Praza do Rei, a pista volveu a Castelao, onde o chamado campo da festa, como en 2006. A súa localización, na populosa Coia e con As Travesas e Navia tan preto, garante o lecer para miles de cidadáns e cidadás. “É unha zona moi poboada, para que a xente divírtase e goce”, dixo o concelleiro.
Omar Lorenzo, en representación das empresas organizadoras, dixo que a novidade respecto dos últimos anos “é que ao ser cuberta está garantido que calquera persoa poderá patinar todos os días sen ter que ver o tempo”.
As empresas patrocinadoras, representadas por Pablo Louro (Gadisa) e Ruy Andrade (Pereira), aseguraron o seu interese por que esta tradicional actividade mantéñase como un símbolo do Nadal máis na cidade.
Ademais de que haberá servizo de bar, o horario de apertura da pista será de 10:00 ás 22:00 horas ata o día 22 (de luns a xoves) e de 10:00 a 1:00 os venres, mentres que os sábados será de 11:00 a 1:00 e os domingos, de 11:00 a 23:00 horas. Xa nas datas seguintes haberá algún cambio nos horarios depende do día festivo.

A organización ten aberto en facebook un perfil (www.facebook.com/pistadehielovigo)

Pois xa sabedes, a patinar… e levar guantes, así aforrades 1 €,  que vale alquilalos.

Redacción

 

A %d blogueros les gusta esto: