A Rosalía

rosalia1.jpgQueridiña, Rosalía
Cando leo o teu cantar
Sinto pena porque sofres
De continuo sen parar

Si oxe poideras, poeta
Dende onde moras, ollar
A terra que tanto amache
Os camiños que tiñamos, pros cans
Verías, ¡oh, queridiña!
A grande transformación
Que teus irmans, pouco a pouco
Con esforzo e con tesón
Fixemos desta Galiza
Si souveras, Rosalía
Canto Galiza medrou
E medrou porque trouxemos
Os cartos da emigración
Cartos como as penas negras
Que a moitos a vida custou
Outros coa morriña voltamos
Coa vaquiña e a casiña
Nos petos do pantalón

E fixose lentamente
A grande transformación
Moitas empresas de barcos
De coches, de construcción
Cooperativas gandeiras
Intensiva producción
Escolas pros mais pequenos
Pros mais grandes formación

Xa non marchan, Rosalía
Os galegos á emigración
Malpocados, iñorantes
Sen ninguna formación
Oxe veñen a mercarnos
Inxeneiros, arquitectos,
Informáticos, médicos,
Todos técnicos de profesión
Formados nas universidades
Ca xeración do cuarenta
Con moito esforzo pagou

Xa non marchan, Rosalía
Os galegos á emigración
Asoballados e esclavos
De todos sendo criados
Moitas veces maltratados
Por alemáns, por ingleses
Por suizos, por franceses
Casi sempre despreciados
Po la falla do saber
Mais os tempos son cambeados
Oxe estámolos a recibir
Falamos a sua lingua
Axudámolles a comer
Arricámolles os cartiños
Co noso bo facer

Non chores mais, Rosalía
Xa non hai porque chorar
O galo canta moi cedo
A alborada está a tocar
Coa gaita que xa non chora
Coa gaita que está a soar
Coa gaita que repenica
E fainos a todos troulear
Cada un a sua tarefa
Os estudantes a estudar
Os xa formados a traballar

Rosalía, Rosalía
Xa non tes porque chorar
Rosalía, muller,
Durme e descansa en paz
Amén
CENEME.-

A %d blogueros les gusta esto: