A muller traballadora
Nota informativa do Consello de este centro, a todos los usuarios
O vindeiro dia 11 as 11 da maña, celebrarase no Salon de Actos deste Centro, un ACTO sobre a muller traballadora. Esta celebracion que se fai o dia 8 domingo en todo o Mundo, nos trasladamola a o mercores por coincidir en domingo o evento oficial .
O Día Internacional da Muller Traballadora está recoñecido polas Nacións Unidas, e neste día conmemórase a loita da muller pola súa participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento integro como persoa. É festa nacional nalgúns países e é conmemorada por Nacións Unidas
Doña Laura Lopez Atrio, Concelleira -Delegada de familia no Concello de vigo , sera a persoa que asista a Conferencia Concelleira e Licenciada en Psicopedagoxía e profesora de Educación Secundaria no Instituto Politécnico,Doña Laura López ten desenvolvido unha intensa actividade con asociacións de mulleres e colectivos de igualdade de xénero na Cidade de Vigo..
A idea dun día internacional da muller ,xurdiu ao final do século XIX en plena revolución industrial e auxe do movemento obreiro. A celebración recolle unha loita xa emprendida na antiga Grecia por Lisístrata, quen empezou unha folga sexual contra os homes para pór fin á guerra, e reflectida na Revolución Francesa, as parisienses que pedían “liberdade, igualdade e fraternidad” marcharon cara a Versalles para esixir o sufraxio feminino, pero non foi ata os primeiros anos do século XX cando se comezou a proclamar, desde diferentes internacionais de esquerda, a celebración dunha xornada de loita específica para a muller e os seus dereitos.
A asistencia e libre para todolos usuarios do Centro, pregase puntualidade.
MLC