A Feira

05603-jpg_50

As feiras en vigo celébrabanse os días 14 e 28 de cada mes. Emplazadas no Campo de Granada, (a partir do 14 de setembro do 1961 pasou a chamarse “Plaza de la División Azul”), deixando chantado no lugar en homenaxe aos que foron a loitar na guerra mundial integrados nas forzas nazis un monumento en forma de cruz proposto pola Falanxe e pagado polo concello de Vigo, pasando as feiras a Navia e a Beade.  O  espazo hoxe é irrecoñecible: a urbanización da zona desfigurou a paisaxe pero está recollido no fardel da miña memoria e  polos  fotógrafos da época.

As rúas Camelias e Venezuela parten do lugar en cuestión. O espazo que ocupa a “Gota de Leche”, formaban parte do conxunto da  feira, que se distribuía por zonas: na parte alta situabanse os animais: bobino, cabalar, cabrio e lanar, separados uns dos outros. O máis abundante era o bobino: bois, vacas e xatos.

Na parte baixa había uns pradairos vellos que daban boa sombra no vran, e alí estaban os porcos e o chambo.

Lugar de encontro

494deb927dd961a318f99cbc9a309760-jpg
www.pinterest.com

Pola mañanciña ían chegando as xentes que procedían das parroquias periféricas que xa  daquela tiña Vigo. Do Leste viñan os de Teis, Candeán, Cabral e Lavadores; do Sur, Bembribe, Zamáns, Beade, Valladares, Freixeiro, Sárdoma, Castrelos e Matamá; do Oeste, Coia, Bouzas, Alcabre, Comesaña, Navia, Coruxo, Oia e Saiáns.

Os de lonxe chegaban cansos,  pola distancia e o control dos animais que traían  para vender.  Cando a eles ían chegando os compradores, – os triquillóns fácilmente recoñecibles polos mandilóns de dril-, os carniceiros e a xente que levaba para criar.

Outras xentes tamén se achegaban a feira: os que ían mirar como se desenvolvían  os negocios, cómo era o trato entre vendedor e comprador, as boas palabras ou as rifas: Tamén se achegaban os charlatáns – que eran quén de timar ó que fixera caso dos falsos negocios -,os xogadores de cartas , sempre con cartas marcadas,  e  as que vendían productos milagreiros que curaban os andacios – doenzas do corpo de do espirito- carteiristas, garda civil e xente do común a curiosear.

As horas do negocio

images
Foto: vigopedia.com Campo de Granada

Deica ás nove da mañán a feira rebulía, mulleres e homes cos seus animais,carniceiros e triquillóns a negociar, animais nervosos e de cando en vez escoitabase ornear un burro, berrar unha cabra ou unha ovella e as discusións alporizadas polos desencontros do negocio.

Na zona baixa, a parte dos porcos, a feira era máis tranquila, as mulleres que negociaban vendendo “polvos máxicos”  e outras argalladas, acostumaban a facerse oir tocando  unha campaiña e os amuletos que as acompañaban: unha levaba unha cobra colgada do pescozo como si fora unha estola; outra tiña dúas lagartas arnais e hipnotizadas, e logo  – para demostrar os seus poderes – tocaba fortemente a campaiña e as lagartas seguían deitadas panza arriba sin despertar, ata que ela ordeaba voltar a posición normal. A xente que presenciaba a actuación quedaba abraiada  e  convencida que os polvos que remediaban moitas doenzas eran milagreiros, e a señora facía o seu negocio.

O chambo era o máis silencioso  e pausado, alí non se manexaban cartos; vendían todo vello e de pouco valor: roupa, ferros, cravos, fechaduras, maletas, e multiples  trebellos que hoxe van ó lixo, pero daquela a pobreza era extrema.

Vai rematando

A  xente ía marchando despois  de facer o negocio , e a que non vendera, agardaba ata que xa non miraba posibilidade de negociar,  voltando  co animal para a corte e, a esperar a outra feira.

Resumo

A feira é un reflexo da sociedade: cómprase, véndese, trócase, discútese, fanse amigos e enemigos, aprovéitase para dar recados e fíxanse datas para mirar algún animal que non se levou a feira,  e movense cartos. Dentro deste balburdio emocionante, os carteiristas sempre fan ó  seu negocio, nunca falta quen se laie porque lle roubaron os cartos.

E o vindeiro día de feira será semellante ó que xa pasou e, como se dí popularmente:

Cadaquén fala da feira  según lle foi nela 

 

Texto: Telmo Comesaña

2 comentarios en “A Feira

  • el 29/09/2016 a las 10:34 am
    Permalink

    Es verdad, Telmo. Yo aún recuerdo la feria del Campo de Granada. Por cierto, no tenía ni idea de que se llamara de la División Azul.

    También recuerdo cuando inauguraron la Cruz del Castro. Estuvimos allá esperando para ver a Franco en persona. Llegó y creo que casi no se bajó del coche. Salió escopeteado. La gente decía: Franco le tiene miedo a Vigo.

    Tal vez, la que no tenía miedo era su señora, que venía muy a menudo y se pasaba por Arte y otros sitios, hasta el punto en que se decía que tenía acciones en este exclusivo comercio. Lo cual no era verdad, lo sé porque mi madre se lo preguntó a la dueña.

    En fin. Son recuerdos para los que conocimos aquel viejo Vigo.

    Gloria.

  • el 29/09/2016 a las 12:11 pm
    Permalink

    Gracias Telmo por tu artículo, Soy una enamorada de estas ferias y mercadillos. Yo os comento que este fin de semana, el domingo 2 de Octubre, en el popular barrio de Lavadores se celebra una fiesta medieval, ahora que están tan de moda. Y para los lectores que hacen escapadas de fin de semana, les comento que hay feria y fiesta de la faba en Lourenzá (Lugo). Y para el 6 de Noviembre, una que me gusta mucho: Fiesta de la castaña en Seoane do Caurel, concretamente en Souto da Carroza, capital del municipio de Folgoso .

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: