A Dirección Informa

O pasado día 31 de marzo de 2009 o Sr. Marino Lamas Costa, presidente do Consello de usuarios deste centro informoume da súa dimisión mediante correo electrónico. Nese momento contesteille pedíndolle que reconsiderase a súa dimisión e solicitándolle que asistise a unha reunión para aclarar malentendidos; intentamos nos seguintes días conectar telefonicamente con él pero resultounos imposible, tanto a min coma a outros membros do Consello de usuarios.
Supoño que non saberemos cales foron as verdadeiras razóns que motivaron a retirada do Sr. Marino Lamas Costa. Considero que tanto os membros do Consello de usuarios como eu merecemos a oportunidade do diálogo e do debate; esta forma de actuar é pouco democrática.
Non creo que sexa xusto dicir que houbo nula colaboración por parte dalgúns membros do consello cando os proxectos viñan xa feitos e esperábase deles que fosen meros executores. O traballo en equipo é difícil; o grao de compromiso das persoas é diferente e se cadra nos precipitamos na acción antes de pór as bases; os membros do consello non deixan de ser voluntarios e como voluntario un fai o que considera adecuado, importante ou lle gusta. Eu si creo que logo de consensuar as accións o que se comprometa debe asumir as súas responsabilidades, faltou consenso, pero como é posible esixir aos outros o que non nos esiximos a nós mesmos. O Sr. Lamas Costas tamén deixou o seu compromiso cando considerou adecuado, sen escoitar opinións e sen pensar qué repercusións podía ter a súa dimisión sobre proxectos en marcha nos que nos implicou a todos.
Os membros de ASVIGAL teñen unha longa traxectoria intachable de voluntariado neste e noutros centros polo que creo que non é necesario defender o seu bo facer.
En canto aos medios, a dirección do centro puxo á súa disposición tanto medios materiais como humanos, colaborando en todos os proxectos que expoñía; o computador do que se fala na nota de dimisión está neste momento dando servizo de Internet a todos os usuarios do centro porque así o acordou o consello ata que en maio dispoñamos dos novos equipos da Fundación Obra Social laCaixa. O mesmo día 31 contestóuselle ao Sr. Lamas Costas que á mañá seguinte tería á súa disposición un portátil con impresora.
Síntome defraudada pola falta de tacto con que o Sr. Marino Lamas Costa fala dos seus compañeiros e da delegación provincial. Os posibles poblemas que xurdiron no Consello de usuarios deberían terse debatido entre os seus membros e buscar solucións. Queda fóra de toda calificación a actuación do presidente do Conselo de usuarios ao empregar a vía do correo electrónico para difundir os problemas internos.do mesmo a unha ampla lista de destinatrios, incluídas asociacións e particulares sen ningunha vinculación con este centro.
Creo que o Sr. Lamas Costa exerceu unha presidencia do Consello de usuarios moi personalista, e esta forma de marcharse paréceme pouco responsable xa que logo de comprometernos nunha actividade como é a Mostra Itinerante Arte na Aula paréceme que o coherente sería asumir esa responsabilidade ata o final.
Espero que esta experiencia nos sirva a todos para aprender a traballar con máis método para reforzar o equipo de traballo formado polos membros do consello e a dirección; quizais os proxectos a partir de agora sexan menos ambiciosos pero teño a seguridade que estarán máis medidas as forzas e levarán con seguridade a término.

Abril 2009
Carmen Cochon

A %d blogueros les gusta esto: