A colleita

ears-1452991_960_720Chegar a colleita era rematar unha longa etapa atendendo ao desenrolo das prantas que ían dar a tranquilidade para a subsistencia da  familia.

Coidados          

Os coidados non eran só os labores de sacha, rega, control e extinción de fungos,  escarabellos e outros vermes, porque tamén tiñan  que gardalos para evitar os roubos que se facían polas noites, sobor de todo nas patacas.

Todos os coidados non eran suficientes; o labrego estaba pendente do tempo; unha treboada con descarga de  saravia podía toller  o traballo de meses, e xa que logo,tiñan que mercar o “zaragozano” ou “o gaiteiro de Lugo”. Ambolos dous “informaban” do tempo que ía acontecer durante o ano, e vendianse nas feiras e nos locais agrarios .

Preocupaban os anos bisestos polo refrán que casi sempre acertaba: “ano bisesto, anada nun cesto”. É iso sería: fame.

a colleitaRecolleita

Os froitos de horta xa se consumían nos primeiros meses de vran; verduras, leitugas e outras variedades producianse todo ano, pero as patacas e o millo eran o máis importante porque as patacas  “facian prato”, e o pan era fundamental. O millo tiña máis aproveitamento: as espigas para fariña coa que se facía o pan, o follaco para os xergóns – daquela os colchóns de lan era escasos -, e a palla para os animais.

Coa palla facíanse molles para despois facer grandes palleiros  para poder conservala e ir sacando cando se precisaba.

No canastro-hórreo gardaban: espigas, patacas, feixóns, cebolas enrestadas, centeo, mazáns, sementes, etc. Alí estaba a despensa da familia, gardada polo can que durmía debaixo.

Telmo Comesaña   Feixoeira xullo 2016

Foto cuadro http://coleccion.abanca.com/es/Coleccion-de-arte/Obras/ci.A-Colleita.formato7.html

 

A %d blogueros les gusta esto: