Taller de formación dos Consellos

curso-concelllo-004Dende o pasado día 18 de Abril ata o 13 de Maio no centro Sociocomunitario de Coia celebramos un taller de formación para os Consellos dos centros de: Bouzas, Calvario, Vigo Centro, Teis e Coia.
O resultado do mesmo foi o seguinte:
curso-concelllo-0081. Presentacións individualizadas relacionadas coa vinculación persoal de cada quen co seu Centro, da que se desprende que cada representante dos diferentes Consellos está vinculada/o de xeito activo co Centro.

2. Presentación da historia e idiosincrasia de cada Centro representado, do que se desprenderon certas características comúns ao conxunto de Centros:
– Escaseo de persoal, fundamentalmente de persoal técnico.
– Orzamento global, sen partidas, trimestrais, e en xeral escaso para as necesidades dos Centros.

curso-concelllo-0093. Presentación dos Consellos de persoas usuarias:
– Todos os Consellos reuníronse, en alomenos 1 ocasión, de xeito formal ou informal.
– Todos os Consellos reuníronse con Dirección, coa que existe sintonía.
– Algúns dos Consellos comezaron a acometer algunha acción.
– Estase pendente da presentación de cada Consello ao global das persoas usuarias do Centro que representan.
A percepción de cada Centro non se corresponde coa idea da mensaxe oral transmitida.

4. Compártese a Filosofía dos Centros desprendida da RGCSB ao igual que os obxectivos do CSC de Coia que se pode resumir en:
– Participación; Integración; Convivencia, e Diálogo.

5. Non se comparten as funcións que establece a RGCSB por representar a profesionalización do Consello, e consensúanse as seguintes funcións:
– Aportar ideas; Axudar; Recoller demandas; Colaborar con dirección; Difundir actividades; Buscar talentos; Buscar vontades.

6. Xa temos un marco común, e comezamos a vislumbrar o que podemos facer, agora para facelo teremos que organizarnos, para o que é preciso preguntarnos:
– Coñecemos a realidade sobre a que queremos actuar?; Qué ideas aportamos?; Por cal nos decidimos?
– Que queremos facer?; Para que?; A quen vai dirixido?; Como o imos a estructurar en fases?; Como se vai valorar?; É congruente?.

curso-concelllo-0077. Reflexións conxuntas:
En canto a necesidades:
– Regular os Consellos;
– Regular e promover o voluntariado;
– Incrementar o orzamento dos Centros;
– Incrementar o persoal dos Centros a través de persoal administrativo;
– Dotar de medios aos Consellos;
– Demandar a existencia dun “carnet” Intercentros;
– Promover as relacións interxeneracionais.
En canto a organización:
– Organizar a presentación do Consello ás persoas usuarias en cada Centro, unha vez que as cousas se teñan un pouco máis definidas;
– Comezar a andaina do Consello xunto con Dirección, para nunha 2ª fase pasar a traballar de xeito paralelo e cooperativo;
– Dialogar e incrementar o coñecemento dentro de cada Centro e cos demais Centros (visitas, reunións…). operativizado nunha próxima reunión no CSC de Bouzas co obxectivo de coñecer o centro e de marcar as pautas da traxectoria de
cada consello e as seguintes reunións intercentros
– Ter sempre presente que todos e todas podémonos aproveitar a experiencia e as ideas das demais persoas.
facer chegar á administración ás conclusións do taller, en especial a necesidade de continuar cunha liña de formación específica para as persoas integrantes do consello

Germán

2 comentarios en “Taller de formación dos Consellos

  • el 21/05/2009 a las 9:46 am
    Permalink

    Ola, tendes unha magnífica revista a través da que amplificades o labor de persoas que disfrutan apoiando no que cren.
    So decirvos que como monitor do curso: foi un grande pracer, e… moita sorte e reflexión en todo o que fagades.

  • el 21/05/2009 a las 9:50 am
    Permalink

    so unha corrección con respecto ao comentario anterior: que son “monitora”, que quedou trabado o teclado

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: