Muestra sobre voluntariado en la calle Príncipe.

O alcalde e o director xeral de Caixa Galicia inauguraron unha mostra cara á concienciación sobre o voluntariado

exposicion-solidarizateAbel Caballero e José Luis Méndez participaron  na apertura da mostra “Solidarízate 2009” no MARCO.

Unha exposición itinerante que estará na rúa do Príncipe ata o vindeiro 3 de maio para facer visible a labor do voluntariado e das organizacións sociais
A mostra percorrerá as sete grandes urbes de Galicia, e estará localizada na rúa viguesa do Príncipe ata o vindeiro domingo 3 de maio. Esta iniciativa pretende achegar e fidelizar á cidadanía sobre a acción solidaria, invitando nun espazo aberto e accesible a participar na construcción dun mundo mellor.

Os espazos localizados na rúa do Príncipe mostran 22 figuras a tamaño real, que representan á nova cidadanía, aquela pon cor na súa vida traballando por unha sociedada máis solidaria.

A exposición ofrece tamén en distintas ferramentas audiovisuais as historias particulares de voluntarios de toda Galicia, o seu traballo, e a súa forma de conciliar a acción social coas súas vidas; un discurso expositivo creado coas declaracións de 100 voluntarios.

voluntariadoSolidarízate 2009″ busca por a disposición da cidadanía varios espazos de encontro nos que interactuar coa instalación, invitando a sentarse, escoitar e reflexionar sobre o voluntariado; un evento accesible e adaptado ás persoas con discapacidade.

A exposición -na que participan distintas ONGs viguesas, entidades e asociacións sociais- conta ademais cun espazo web con diferente información onde a cidadanía pode atopar a fórmula de participación social que mellor se adapte á súa vida.

Extraido de “Xornal-Vigo”.

A.G

A %d blogueros les gusta esto: