Cara a un protocolo de convivencia para os CSC

image1

Na foto, DoñaMaria Jesus Lago Vilaboa, Secretaria Xeral de Benestar da Xunta de Galicia, adscrita á Vicepresidencia de Igualdade e Benestar Social .
===================================================
Cando entramos no CSC debemos de convivir ou compartir un espazo común e unhas actividades concurrentes con outros usuarios . Coincidimos nas entradas e saídas, na cafetería, en ximnasia , nas clases de Linguas, na informática etc. e sabemos que debemos de gardar consideración e ser educados entre todos os usuarios , aínda que non sexa de noso agrado algún, ter un bo trato facilita a convivencia e a contorno faise mais agradable.

Cando compartimos un espazo común hai que compartir unhas normas e cumprir obrigacións para que todo funcione correctamente e de forma satisfactoria. Se nalgún momento non estamos de acordo con algunha norma de convivencia pois debemos de acudir ás reunións desde onde se regule o espazo común e expresarnos nese sentido, facendo ver de palabra ou escrito que , a norma, non é válida o que debemos de evitar e facer a guerra por conta de cada un.

Por iso os CSC deben de dotarse dun Protocolo de Convivencia, é á Administración, versus XUNTA de GALICIA , á que lle corresponde dar un paso nese sentido, ao obxecto de que as Normas de Convivencia no CSC de Vigo-Coia non se diferencien das de CSC-Vigo- Bouzas , entre outras cuestions por exemplo, aínda que existan particularidades moi especificas . Ata a data os CSC carecen deste Protocolo, e as Normas estiveron suxeitas ao bo xuízo das Directoras e á lóxica e respecto mutuo dos usuarios , pero a medida de que os CSC crecen e dótaselles de servizos de benestar cada día mais ansiados, e as idades dos usuarios contrástanse mais , poden xurdir discrepancias de pareceres entre mil dos temas que afectan aos CSC e romperse a boa harmonía entre os usuarios, algún caso xa se ten dado , segundo comentáronnos, nalgún CSC , de Vigo en concreto.

Un xornalista  dicíanos que ,” O protocolo é convivencia,  existe desde que o mundo é mundo”, pero é indubidable e non discrepa si se engade que, a convivencia necesita protocolos de respecto , cortesía e recoñecemento da posición de cada un de nós .En cortesía as Normas apréndense por imitación e herdanza e suavizan as relacións dentro dun grupo social, pero se establecen para que as persoas que non saben respetar , teñan unha canle mínima para integrarse cos demais , por iso estrañounos, cando constituímos o Consello de CSC-Vigo Coia que o Centro non estivese dotado dos mencionados protocolos .O Consello a través do seu Presidente así llo expreso ao Vicepresidente da Xunta Sr. Quintana , urxindo este a sua confecion  a o Departamento de Benestar Social que dirixe a viguesa Dona Maria Jesús Lago Vilaboa , Secretaria Xeral do Benestar,que sentabase a o seu  caron e que nos decatamos que tomaba boa nota, por certo Doña Maria Lago, neste tempo ainda non visitou o CSC de Vigo Coia, pero   esperamos que, nun das viaxes a o seu Vigo, dedique un tempo a coñecernos, seguro que será moi ben recibida, non faltaría mais, máxime en época preelectoral que Coia expresáralle recoñecemento polo seu traballo .
MLC
T.R

A %d blogueros les gusta esto: