“O noso Centro”

c.s.coia-vigoO centro comunitario de Coia é un dos mais activos.Ten centos de usuarios, persoas maiores e novas que estudan na biblioteca. Nos, os maiores temos de todo no centro: idiomas, internet, pintura, debuxo, ioga, cerámica, guitarra, bolillos, taichí, aerobic, ximnasia, danzas do mundo, xornalismo (revista propia), teatro, canto entre amigos, pandeireta e baile rexional e de salón.
Como eu levo case vinte anos no centro, xa fixen um pouco de todo. O centro leva funcionando dende 1993 e a miña experiencia nel é moi positiva. Aquí os maiores temos moita calidade de vida. Facemos excursións percorrendo toda Galicia, que é tan fermosa.

Teño vivencias marabillosas. O que mais me impresionou foi Sampedro de Rocas, alí todo é pedra, coma o seu nome dí. No 1993 sete monxes en Esgos (Monte Barleirón), excavaron facendo um conxunto de 3 naves no interior da rocha e unha igrexa de pedra. Impresiona a súa beleza. Ten luz propia no teito, que entra por unhas ranuras que a alumean e no chan ten excavadas oito tumbas antropomorfas de varios tamaños. O campanario é tamén de pedra, ten unha altura de vinte metros e fai un arco por baixo del por onde pasa o camiño empedrado.
Todo o conxunto é unha verdadera xoia, única en Galicia. É o mais antergo do patrimonio galego e ó seu arredor ten carballeiras, muiños e fontes.
Petos de ánimas é a maior agrupación de mosteiros e igrexas románicas.
Perto atópase a Ribeira Sacra, rodeada polo Canón do Sil, que emborca no pai Miño nos Peares.
É fermoso ver os viñedos em vertical, prantados polos monxes nos socalcos dos montes.
Tamén facemos viaxes longas a outros paises, vendo verdadeiras xoias románicas e coñecendo outras culturas. Nos balnearios nos relaxamos e acougamos.
Tamén no centro celebramos todas as festas do ano: Nadal, letras galegas, entroido, magosto e outras.
Co noso grupo musical, Os Bohemios, e coas súas guitarras cantamos e bailamos.

Candela

A %d blogueros les gusta esto: