Manuel María será o autor homenaxeado no Día das Letras

o-carro

LetrasGalegas2014

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A Mary Ángeles Corral ( no centro da foto), voluntaria de informática e membro do “Grupo Cuerdas y Voces”, pedimoslle a súa colaboración para este artículo, xa que de todos e coñecido o seu bo facer e a súa disposición, como boa ensinante, para facerlle dende esta revista o noso homenaxe a Manuel María.   
Tres membros da Real Academia Galega (Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego) o 20 de marzo de 1963 propuxeron que se declarase o día 17 de maio de cada ano “Día das Letras Galegas” con motivo de se celebrar o centenario da publicación dos Cantares Gallegos  de Rosalía de Castro pois foi a primeira obra maestra  coa que contou a literatura galega contemporánea.
Este ano o escritor homenaxeado é Manuel María Fernández Teixeiro.
Naceu en Outeiro de Rei (Lugo) o 6 de outubro de 1929 e faleceu na Coruña o 8 de setembro de 2004.
Estudiou en Lugo o bacharelato e aquí comezou a súa carreira literaria participando no ciclo de conferencias “Jóvenes valores lucenses”, á idade de vinte anos.
En 1958 instálase en Monforte como Procurador dos Tribunais e un ano despois casa con Saleta Goi.
casa-museo-manuel-mariaVarias organizacións andan a traballar pola recuperación cultural galega e Manuel María participa na reorganización política impartindo conferencias ou recitando poemas. As  actividades políticas culminaron  coa súa elección como concelleiro en 1979, participando en campañas en defensa da lingua. En 1985 abandonou  a militancia política para se dedicar á actividade literaria e cultural.
Desde a súa xubilación, reside na cidade da Coruña e, en 1995, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega organiza unha Homenaxe como recoñecemento ó seu traballo.
A súa obra literaria multiplícase de acordo cos novos tempos: ensaio, narrativa, teatro… sen abandonar o cultivo da poesía para se comprometer coa realidade social do seu pobo.
manuel-mara-a-natureza-o-tempo-16-638Non é doado resumir en poucas liñas a obra deste notable poeta pola amplitude da súa temática (paisaxismo, intimismo, preocupación relixiosa, reivindicación lingüística… ). Prefiro que consultedes en internet.
Si quero nomear “Os soños na gaiola” que está na biblioteca dos colexios. Son poemas que percorren o mundo infantil galego e que o autor di que “son versos que este humilde autor botou de menos cando era neno”.  De forma sinxela introduce a nenos e nenas no coñecemento rural .


Labregos
Toda a miña xente de labregos foi
xunguidos á terra con xugo de boi.
Meu pai é labrego, tamén meus avós
Pasáronse a vida tripando terrós.
Meu pai é labrego, labrego nacéu,
E labra nos eidos traballando a treu
Meu pai é labrego, labrego naceu
Meu pai é labrego sen terra de seu.
Meu pai é labrego, labreguiño eu son;
pasaréi a vida xunguido ó terrón.
Toda a miña xente de labregos foi
Xunguidos á terra con xugo de boi.

(Es uno de los poemas de “Os soños na gaiola”), musicado por Fuxan os Ventos.

Colaboración Mary Ángeles (texto e fotos)

Video You tube

2 comentarios en “Manuel María será o autor homenaxeado no Día das Letras

  • el 12/05/2016 a las 6:46 pm
    Permalink

    Este é o meu homenaxe os:
    XIGANTES GALEGOS

    ¡Erguédevos, galegos!
    Non olledes mais pro chan
    Os antergos que tivestes
    Non vos deixan descansar
    Espertade o coñecemento
    Na fala dos vosos irmáns
    Xa soóu a hora de afastar
    Avergoñarse das nais
    ¡Erguédevos, galegos!
    Imitade a Rosalía
    Padre Sarmiento, Feijoo
    Xosé Cornide, Pastor
    Manuel Murguía, Pondal
    Curros Enriquez, Lamas Carbajal
    Alfredo Brañas, Antón Noriega
    Ramón Cabanillas e Castelao
    Otero Pedrayo,Vicente Risco
    Viqueira e tamén Carballo
    Luis Pimentel, Blanco Amor
    Manuel María, Mendez Ferrín
    Xesús Alonso Montero
    E moitos outros que soñaron ver
    Unha Galiza loitadora, ceibe
    Onde oportunidades ter
    Para todos fillos da terra
    Para os fillos que veu nacer
    Engadir coñecemento
    Con traballo e honradez
    Berrádelle o mundo enteiro
    “Xa non hai malpocados, ignorantes
    Na Galiza verde a florecer”
    Son homes como xigantes
    Nas ciencias, nas artes, nas letras e no saber
    Traballáde arreo, galegos
    Para que vosa nai, Galiza
    Sinta ledicia de vervos
    Polo mundo adiante erguer
    A voz, a lingua e o saber
    Desta nai doce e fermosa
    Que a todos nos deu o ser
    ¡Espertade, galegos!
    Estándevos a fitar
    Os antergos loitadores
    Dende o cumio da montaña
    Ata a inmensidade do mar

    • el 13/05/2016 a las 5:58 pm
      Permalink

      Es un poema precioso. Enhorabuena.

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: