200 anos de Vigo. O xénese dunha cidade (I)

200 anos de Vigo

O xénese dunha cidade (I)

Hai algún tempo que bule na miña cabeza escribir a prol dos acontecementos acontecidos a partir de que Vigo deixara de ser vila para ser cidade de. Como non son historiador e -a memoria non dá para tanto- apoiándome nos once fascículos que Faro de Vigo engadiu, de balde, nos xornais no ano 2010, celebrando o 200 aniversario daquela tan ansiada transición.

Porén, tomada a decisión, vou adicar un espazo de tempo para ir deixando á atención dos meus estimados lectores/as, o extractado dos devanditos fascículos, cuxos textos pertencen ao historiador Antonio Giráldez Lomba, (membro do Instituto de Estudos Vigueses).

Non sen dificultades, Vigo conseguiu o titulo de cidade.

[O consello da rexencia de España e das Indias, establecido na Illa do León (Cádiz), era o centro político da resistencia e da representación do pobo español, fronte ao exercito de ocupación francés. Non é de estrañar que esta institución tivera que ratificar varias veces as súas disposicións legais fronte ao goberno intruso, pero oficial, do rei José I.

Así, o 10 de abril do mesmo ano expídese o decreto afirmando que a resolución que o motivaba xa fora adoptada o 1 de marzo anterior. (Tui, capital da nosa provincia), que se cría a única que tiña méritos para ser cidade na súa provincia, protestou formalmente reclamándolle a Coroa a revogación do titulo concedido.

Parecía que o preito rematara o 27 de outubro do 1810, data en que Vigo recibe o documento, ratificando unha vez máis, polo que pasaba a ser con todo dereito “Cidade leal e valorosa”, pero Tui recorreu con novos conflitos e o preito non rematou ata que unha Real Cédula de Fernando VII confirmou o título o 22 de novembro do 1819].

De Nobre Vila ocupada polos franceses, á Cidade Leal e Valorosa.

[Sendo a moi nobre e leal e incluso fiel Vila de Vigo, entramos no século XIX, pero a resolución coa que os vigueses a recolleron, nos enfrontamentos á invasión napoleónica, acabaría sendo a nosa “mellor carta de presentación” na nova centuria e o “pasaporte” para recibir o título de cidade.

A vila de Vigo repartíase entre o burgo amurallado, que coincide co actual “casco vello”, e o moderno barrio do Areal, onde se asentaba a nova clase burguesa.

Foi neste escenario onde sucederon entre 1809 e 1810 a reconquista da vila invadida e a conquista da nosa condición de Cidade.

Unha semana antes de que os franceses se presentaran diante das portas de Vigo, os veciños reuníronse na praza de A Pedra para destituír ao gobernador Francisco de La Rocque, acusado de afrancesado e complicidade co inimigo (xa era mala sorte que o apelido tivera ascendencia gala en plena guerra contra este país), igual que o alcalde José Antonio Cayro e outras personalidades locais].

Semana a semana iremos seguindo o desenrolo daquela vila. Certamente, non ten parangón.

Telmo Comesaña novembro 2018

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.