Concurso Literario
T:R
BASES CONCURSO LITERARIO: “O GALEGO: É NOSO”
O Centro Sociocomunitario de Coia convoca a 1ª edición do concurso “O galego: é noso” de relatos curtos escritos en galego. O concurso rexerase polas seguintes bases:
1. Poderá participar calquera persoa ou persoas que sexan usuarias dos centros sociocomunitarios de Vigo. A obra será en galego. Non poderá presentarse a concurso o persoal dos centros nin os membros dos consellos de usuarios.
2. A extensión do relato non superará os cinco folios por unha soa cara; cada folio terá entre 25 e 30 liñas. O tamaño de letra será o 14.
3. Poderán presentarse un máximo de 2 obras por participante. O tema do relato será libre.
4. Os participantes no concurso poderán enviar as súas obras por correo electrónico, á dirección centrosocialdecoia@yahoo.es , c.b.s.coia@xunta.es ou en papel neste Centro Sociocomunitario. A finalización de recepción de orixinais será ás 14:00 do 29 de abril de 2011.
5. A resolución do concurso estará en mans dun xurado composto por un redactor da nosa revista dixital, un representante da administración, e dous membros do Consello de Usuarios.
6. As obras presentadas en formato dixital publicaranse ata o 15 de maio na nosa revista. Os lectores poderán deixar os seus comentarios sobre as mesmas para que o xurado poida telos en conta.
7. As obras presentaranse con pseudónimo.
8. As obras non gañadoras quedarán descartadas, e os orixinais serán eliminados.
9. O premio consistirá nun talón por importe de 30 € en libros e un trofeo acreditativo.
10. O fallo do xurado farase público durante os actos que se celebrarán o día 19 de maio con motivo de festexar as Letras Galegas. O gañador recollerá o premio ese día.
11. O fallo do xurado será inapelable.
12. O concurso non poderá ser declarado deserto.
Redacción.