Unha de Nadal: “Papa Noel, pero …. non do todo”
Hai poucos días na entrada do Corte Inglés, atopámonos o meu marido (que ese día ía vestido cun chuvasqueiro vermello) e eu, cunha amiga acompañada dos seus netos, un de tres anos e outro un pouco maior. Tardarei algún tempo en esquecer a cara do máis pequeno, era unha mestura de asombro, admiración e timidez, non daba crédito…, non quitaba os ollos do rostro do meu marido, de súpeto démonos conta do por que: cría que a súa avoa estaba a falar co mesmísimo Papa Noel.
O meu marido púxose axiña no seu papel e aclaroulle ao neno que non era Papa Noel senón o seu amigo que vivía e traballaba con el no “emporio” dos xoguetes, iso de ser parecidos e amigos é tanto como dicir que todos os habitantes de Laponia son fortes, recheiños, teñen barba e pelo branco, e ademais van vestidos de vermello. Seguiu dicíndolle a Pepe, que así se chama o neno, que podía aproveitar para pedirlle algo si desexábao, que llo faría chegar ao auténtico Noel, o neno seguía mirando timidamente e ao fin dixo: si que es Papa Noel ….. Pero non do todo.
O meu marido non podes ir de vermello no Nadal, algúns xa vos imaxinades por que e iso que procura pasar inadvertido a base de darlle cartos a os barbeiros mantendo a súa barba na mínima expresión.
O tema xa vén de lonxe, en múltiples ocasións non lle quedou máis remedio que asumir a súa oculta identidade, hai pouco unha nai latina preguntaba ao seu fillo:
– Quén é este señor?
Ao que o anxiño cunha cara de satisfacción contestaba: San Nicolás!!!!
El que non quere usurpar a identidade volveu a dicir que era o seu amigo, acto seguido o neno entregoulle un debuxo ( era a súa carta para San Nicolás) co convencemento de que xa non necesitaba botala ao correo.
O meu marido traballa con adolescentes, estes están xa máis “espabilados” e durante este mes xorden as típicas bromas:
– Profe déixoche a lista?
– Que lista?
– Que lista vai ser ….a dos agasallos
– Profe déixoche a carta?
– Que carta?
– A dos agasallos!!
Admite encantado as bromas e alcumes propios do seu parecido…… Ou case sempre porque ate Papa Noel ten dereito a vacacións…… Cóntovos:
Unha tarde de verán e vestido coa típica vestimenta de“turistero” que non presaxiaba que estivese de servicio achégasenos unha nai correndo co seu neno:
– Verdade que é Ud. Papá Noel?
Mentres nos chiscaba un ollo e nos dicía polo baixiño: é que se parece vostede tanto a El
– Si, pero estou de incógnito, aínda así vouche a dicir unha cousa: este ano podes pedir moitas cousas porque chas vou a traer todas.
O neno foise encantado correndo pola praia, a nai non sei si quedaría moi contenta co compromiso adquirido por Papá Noel a conta do seu peto.
Seguimos paseando e dígolle que non foi moi honrado comprometer á nai diante do neno ao que o contéstame:
– Peor fose dicirlle que si eu me parezo a Papa Noel o seu marido parecese aos remos do meu trineo
E é que mesmo “Papá Noel” ten un mal día e desde logo as vacacións son sacras en todos os convenios, no do Nadal tamén.
http://www.100pies.net/Gifs/Navidad/Papa-Noel/noel-15.gif (imagen movil)