Un pouco de historia

CentrosocCoiaVigoEn maio de 1993 a Xunta de Galicia pon o servicio dos veciños de Coia e de Vigo en xeral este equipamento ca finalidade de mellorar a calidade de vida dos usuarios, mediante a promoción sociocultural das persoas. O centro é un lugar de encontro e comunicación.
Dende ou inicio do traballo no Centro Social, a dirección propúxose uns obxectivos xerais que lle serviran de ideario e ó mesmo tempo de referencia para ou traballo diario, os inicios non foron doados, pero dende fai xa tempo o noso Centro é un referente de mellora de calidade de vida no contorno, un lugar de encontro interxeneracional, un lugar de participación activa dous usuarios de forma que se sintan axentes do seu propio desenvolvemento, un lugar onde tanto vos maiores como a poboación en xeral poden desenvolver as capacidades dentro dun ambiente de respecto e solidariedade.
Con este fin intentouse en todo momento dar resposta as demandas dos usuarios e estar ó tanto das últimas tendencias en canto a actividades que potencien o desenvolvemento persoal
Esta infraestructura posta pola Xunta a disposición do barrio sufriu nos primeiros anos algúns cambios na súa fisonomía para facer os espazos máis dinámicos e útiles ás necesidades das persoas. Así este Centro co fin de fomentar a participación ten reunións periódicas con representantes das diferentes actividades, onde se xorden algunha das mellores propostas.
Desde fai catro anos beneficiámonos de estar incluídos no Convenio Xunta- Fundación “A Caixa” o que aportou novas posibilidades o noso desenvolvemento ó incorporar os servizos e actividades unha aula de Informática e máis dotación presupostaría, grazas a iso entramos nunha nova etapa, no mundo das novas tecnoloxías que nos abre un sin fin de posibilidades aínda por explorar.
Como froito dese traballo xurdiu o grupo de Voluntarios de Informática que dá vida a esta revista
Queda moito por camiñar pero estou segura que estamos no camiño.
Carmen Cochón Blanco
Directora 

Visita virtual por nuestro Centro Sociocomunitario.