Letras galegas 2017 Homenaxe ao escritor Carlos Casares

Onte, día 17 de maio, dende hai anos instituido como o día das “Letras Galegas”, celebrouse a  -xa tradicional-, festa na nosa comunidade. Día de gloria, porque a lingua é o distintivo que nos identifica como pobo. “Unha patria, unha lingua e unha cultura”. Sin unha lingua  nosa, non teríamos cultura propia; non teríamos cine, teatro, música, danza, literatura, poesía, libros nin actividades que nos diferenciaran cos demáis pobos. A lingua é o noso gran tesouro. Mergullémonos nela; animemos aos indecisos de dentro e de fora do país; dos que chegaron hai anos e dos que están por chegar. Uns e outros, os de dentro e os que viñeron serán máis felices mergullándose connosco nesta tarefa de potenciación desta xoia inmaterial. Velaquí a miña mensaxe.     Sigue leyendo

Un día diferente

Vista aérea del barrio de Navia // R. Grobas http://paudenavia.blogspot.com.es/

Erguínme cedo. Espertei e vin claridade polas rendixas da persiana, votei man do reloxio,  premín o botón e contestoume,  “son las siete de la mañana”. Sentíame ben,  durmira seis horas e media ou sete, e para min era doado.

A claridade ía en aumento anunciando que pouco despois as raiolas do sol inundarían de luz e de cor todo o que me arrodeaba: campos, bosques, casas, e o mar un pouco máis lonxe. O mar de Coruxo,  Canido e cabo Estai e  as Cies, facendo inútil as ráfagas dos faros das illas.  E no monstruoso e insultante edificio de Toralla refletindo nos vidros  que devolven a luz encol do mar. Sigue leyendo

Futuro incerto

Ó abeiro do poder que os militares golpistas lle deron, a Igrexa Católica despregou dende o primeiro momento unha actividade frenética a prol de someter á socidade. A palabra empregada era  “Recristianización”, e o que se escoitaba nos sermóns e nas homilías era que España convertirase  nun país de “misión”. E alí onde ían tomando posesión  ía poñendo en funcionamento o aparato represor.

A cidadanía tiña que ser “católica, apostólica e romana”.

Había unha confusión nos termos: a recristianización da que falaban poderíase entender que acollía a todalas confesións cristiáns, pero a realidade era outra: “somente a pertenza a Igrexa Católica garantía a salvación eterna, porque era a verdadeira”. Aquí non se coñecían coptos nin ortodoxos, pero protestantes luteranos e calvinistas, e Testemuñas de Xehová, si. Uns e outros foron considerados enemigos e metidos naquel grupo denominado “Rojos”, e moitos deles e delas pagarono coa vida. Sigue leyendo

Parroquias e barrios. Lugares de encontro (VIII)

Queda moito por tirar do meu fardel que pretendía facelo dun xeito ordeado, pero as circunstancias e as datas máis acaidas lévanme hoxe a escribir sobor dun episodio,-que se celebraba cada ano-, como outros moitos desaparecido:

A bendición das casas o domingo de Pascua.

Daquela, a parroquia de Alcabre era moi diferente á que temos na actualidade. Coas mesmas dimensións xeográficas tiña moita menos poboación: a edificación era unifamiliar e, agás os núcleos de Roade e Cristo-Barreiro, as casas estaban moi esparexidas. Sigue leyendo

Parroquias e barrios. Lugares de encontro (VII)

Sigo co meu compromiso de comentar vivencias e episodios que a xente maior sufría, -inconscientes úns, e pola contra outros  disfrutaban-, mentras os adolescentes íamos levados pola inercia que marcaba o sistema sin que os nosos maiores puderan remedialo. O silencio era a maneira de protexerse e protexernos.

Nesta situación de terror, cando as cárceres seguían cheas de xente, os campos de concentración aínda seguían activos e o exilio era abrumador, os depurados sen traballo (moitos desterrados acusados de non ser fieis o “Alzamiento Nacional”), a Igrexa Católica facía o traballo asinado de control da sociedade, e porén, hoxe ocúpome dos Sigue leyendo

Parroquias e barrios. Lugares de encontro (V)

Igrexa Alcabre 1708

En esta quinta achega sitúo  a Igrexa como lugar de encontro e, abofé que non é o máis acaido, porque arestora, co devalar de tantos anos a apreciación que teño dos episodios acontecidos: sermóns escoitados,  medos sufridos por aquel terrible inferno no que se ardía eternamente sin consumirse e con dores espantosos-, as advertencias no confesionario, os sacrificios para asistir ás misas de difuntos ás sete da mañán, e ó rosario da aurora ás seis da madrugada, viáticos, enterros e funerais, que lembro na distancia. Sigue leyendo

Parroquias e barrios. Lugares de encontró (IV)

Museo do Mar e praia de Mourisca (antigo Matadoiro Municipal)

Seguindo o meu compromiso, hoxe escribo sobor da vida no Muiño do Vento e de Roade.  No Muiño do vento o lugar de encontró estaba na tarefa diaria do Matadoiro Municipal, que xuntamente coa conserveira “Pituliña” , os pescadores da zona e as tabernas, dabanlle vida ó barrio. Na tempada de vran complementabase  con algunhas familias que tiñan casa propia e pasaban  alí os meses de máis calor.  Coido que unha das familias eran parentes do administrador do Matadoiro.  Ramiro Rodríguez  e a súa dona, Amalia Lucio, tiñan unha ampla familia,  sete homes e dúas mulleres : Ramirito, Quica, Tetené, Veliña, Chú, Milín, Boro, María del Carmen, Trinidad,  Amalia e, a pequena que xa non coñecín.  Tamén pasaba alí o vran unhha familia alemana, na casa na que despois tivo a taberna a familia Calvar na Praia do cocho. Sigue leyendo

Parroquias e barrios. Lugares de encontro (III)

Seguindo co meu compromiso de escribir sobor dos lugares de encontro, hoxe refírome as tendas nos tempos da fame máis extrema. A desfeita da guerra e o ailllamento ó que España estaba sometida, a vida facíase insufrible e as “novas autoridades” puxeron en marcha, en maio do 1939 o racionamento de víveres, que durou ate o ano 1952, e foi como unha de tantas torturas daqueles anos. Sigue leyendo

Parroquias e barrios. Lugares de encontró e vida social (II)

Daquela, non había medios de transporte, nin supermercados, nin tendas de mobles, nin de outros aparellos necesarios para o desenrolo da vida cotiá. E xa que logo, vivíase do que se producía e do que chegaba racionado ás tendas de ultramarinos, sendo os traballos artesanais e o campo a forma de subsistir.

Camiño pos traballos

A vida desenrolábase  no ir e vir polos camiños e corredoiras: homes e mulleres pos traballos.  Eu saía da casa, na Garita, e na Viña Grande xa estaba esperándome Andrés Román e outras veces o cuñado Antonio Pardo, (estes dous homes, independentemente un do outro, faláronme de meu pai, de como era, dos chistes que lles contaba,de que levara a eletricidade o barrio da garita, da boa relación que tiña coa xente, e…) Sigue leyendo

Parroquias e barrios. Lugares de encontro e vida social (I)

Co devalar do tempo as cousas cambian e os lugares de encontro tamén. Eu teño como referencia a década dos corenta do pasado século; e a partir daí, – vou tirar do “fardel da miña memoria”, -como o vin e como o vivín: e fareino lembrando a parroquia de Alcabre, berce da miña chegada e parte da miña vida.

Núcleos

A poboación na parroquia -salvo dous núcleos- estaba moi esparexida: Roade e,   Cruceiro –Barreiro, e Sobreira- Viña Grande,  nucleaban aos barrios e lugares máis achegados  a cada un deles.

As peculiaridades eran distintas, e notábanse nos xeitos de vida. Roade, o máis achegado a Bouzas, era o menos rural, e a actividade tiña pouco que ver cos demáis. Sigue leyendo

Casamento de Xerome e Xiana

A parella decidiu casar. Eran anos de chumbo, pero a xuventude ten que saír adiante custe o que custe; eran amigos meus, eran novos pero tomaran a decisión de formar unha familia. ( Os nomes son ficticios pero os feitos son realidade).

Vintetantos anos e con fogo no corpo, unha tarde de vran fixéronnos saber que decidiran casar.  Os demais tomámolo un pouco de broma, unha brincadeira de Xerome, pero non; a decisión foise afianzando e os amigos e amigas tomámolo en serio e, dispuxemos que tiñamos que axudar a que todo fora ben.

Despois de ter a casa que os ía acubillar, entre nós, a conversa era poder celebrar o acontecemento, porque nós iríamos detrás deles; e así foi. Pero entrementras seguíamos as xestións da parella. Sigue leyendo

Vai de naufraxio

Recentemente ocupeime da publicación  do que chamei “Xente de mar”, nos que escribín as conversas que mantiven con homes – e unha muller – que navegaron en pesqueiros en distintas épocas. O maior de 81 anos e a máis nova de arredor de 50, ao longo dun espazo  duns setenta anos: diferentes barcos,  artes, dende o Atlántico Norte a Antártida; dende as costas  Americanas ás costas Africanas e pesca litoral.

Barcos de madeira e de  aceiro, propulsados por máquinas a vapor e outros por  motores diésel, nas décadas corenta-cincuenta do pasado século, á factorías de pesca e procesado da derradeira década do século XX e primeira do XXI. Sigue leyendo

Inverno sen choiva…rogativas

Anda a xente alporizada polo prezo da eletricidade, e non é para menos. Noutros tempos xa era importante, pero non tanto como agora; arestora está todo eletrificado: os fogares, ademáis do alumeado teñen todo los complementos que precisan da eletricidade.  E si o miramos con máis amplitude, sorpréndenos que sin ela quedaría todo parado. E  dinnos que é porque non chove e os encoros están valeiros, e xa que logo, como a demanda é maior que a oferta, os que a producen aproveitan para mellorar o negocio. Fala o ministro do ramo e dinos que pode ser peor, e da unha información que ninguén cré. Qué pouco creto ten esta xente. Meu deus! Sigue leyendo

Ponte de Rande. Un soño feito realidade

Os soños só se converten en realidade cando se soña desperto. Iso foi o que fixo o vigués D. Gerardo Campos Ramos, que aló polo ano 1947 soñaba cunha ponte en Rande, e prendeu tanto na sociedade, que 34 anos despois, (1981), inaugurábase; él xa non foi quen de estar no acto, porque finara  en setembro do 1964.

Despois de moitas queixas da poboación e xestións do alcalde de Vigo, as obras comezaron no 1974 e remataron no 1977, quedando sin inaugurar ata empatalo coa autopista. Sigue leyendo