Coidado! Realmente coñeces aos teus amigos do facebook ?

Esta semana queremos compartir con vós un vídeo que circula nas redes sociais. Neste caso, cremos que é unha divulgación interesante porque a maioría de nós non somos conscientes da cantidade de información que poñemos no mostrario de Internet, á vista de todos.

En moitas ocasións temos ao noso coidado nenos e mozos cos que toda precaución é pouca, suxerímosvos poñer o vídeo e utilizalo como ferramenta para debater sobre este tema.

Redacción.