Unha noticia que chama a miña atención

“Chamar a unha ambulancia e practicar un masaxe cardíaco ten que sabelo facer todo mundo, igual que se sabe facer unha tortilla francesa”, sostén convencido o doutor Murias. E é que a técnica é sinxela e, só en Vigo, poderían axudar a reducir unha media de 300 mortes súbitas cada ano. Así que na súa pretensión de estender estes coñecementos a tódolos colectivos, persoal de Medicina Intensiva do cunqueiro desprazáronse por primeira vez ao campus con motivo do Día Europeo da Concienciación diante do Paro Cardíaco, para ofrecer talleres formativos a estudantes, profesores e traballadores da Universidade.

Titulados en protexer vidas

Malia que xa hai algúns días que este traballo da xornalista S. Penelas, inseriu no Faro de Vigo, fíxome saber que a importancia era alta. Ler unha noticia si se fai saltando dun titular noutro pode que pase desapercibido, mais cando aparecen cifras xa nos obriga a deternos e pensar; e velaí que días despois pensei que era moi importante e a miña obriga era contribuír a que se difundise e…, que mellor que levalo a Revista do C.S.Coia?

Resumindo o texto de Sandra

“Espero non ter que facelo, pero agora si que me atrevería. A técnica é moi sinxela e aínda que non a domines á perfección, o que nos ensinaron é, que sempre será mellor intentalo que non actuar e quedarse parado”. Un estudante de Enxeñería de Telecomunicacións, repetía: “un dos principais mensaxes transmitidos onte polo personal do Cunqueiro. O incorrecto é non facer nada”.

“A morte súbita é unha patoloxía infrecuente pero a mortalidade é moi alta. Na rúa só se recuperan un de cada 10 casos. En Europa falecen 300.000 persoas ó ano; en España entre 30.000 e 40.000. E nunha cidade como Vigo estariamos falando dunhas 300”, segundo apuntaba o doutor Murias, que facía fincapé na necesidade de estender as técnicas de reanimación cardiopulmonar (RCP) a toda a poboación.

“Si a persoa non se move, non responde cando lle falamos e non respira temos que actuar. Si nos equivocamos porque en realidade só está inconsciente o máis que lle podemos causar é a rotura dunha costela. Pero si está en parada non ten outra posibilidade de saír adiante”.

O persoal de Medicina Interna visita habitualmente os colexios para ensinar as técnicas RCP aos máis pequenos. (…).

Os Expertos do Cunqueiro tamén formaron aos traballadores do club celeste. “Co masaxe é posible aguantar a unha persoa en morte súbita entre 5 e 10 minutos. O seguinte paso é utilizar o desfibrilador. E o Celta instalará varios para que o estadio de Balaídos estea cardio- protexido”, comentou o doutor Murias.

(Ademais das técnicas RCP e o uso dos desfibriladores, o persoal do Cunqueiro tamén explicou como actuar no caso dun atragantamento.

O que eu entendo un “laio”

A pesar da utilidade dos talleres, a afluencia non foi a esperada. “É unha formación clave como cidadáns”. (…).

Resumo

Antonte visitei a un amigo meu –coetáneo-, que padece unha grave enfermidade: el comentábame os tratamentos a que estaba sometido, cambiándollos segundo ía avanzando o mal. Mal que ben, vai saíndo adiante.

Comentáballe eu que outro amigo de ámbolos dous finara do mesmo mal hai 22 anos e, a miña reflexión foi o avance da medicina e dos tratamentos. Nada comparable cos daquela.

Con respecto a cardioloxía os avances salvan vidas desde que empezaron a implantar os marcapasos, agora os desfibriladores e a formación da cidadanía. Certamente que tecnicamente: formación d@s profesionais, equipamentos e medicamentos evolucionaron moito, e disto temos que estar satisfeitos. Agora ben:

Xa podemos contentarnos e deixarnos levar só por unha parte da sanidade? Non

No xornal de hoxe –no intre que estou con este relato-, pásanme un artigo asinado polo médico de Atención Primaria, Manuel González Moreira.

O titular non deixa indiferente a ninguén e lévate a ler o escrito en cuestión.

“A insostible situación da Atención Primaria na Área sanitaria de Vigo”

O preocupante relato pon en poucas ringleiras o que día a día se comenta na prensa, nas salas de espera e/ou cando precisas da atención dun especialista, que entón, as esperas poden ser de moitos meses ou máis dun ano. Como exemplo dous retallos: (“Na nosa área ademais, padecemos unha estrutura hospitalaria que non é capaz de dar resposta axeitada en, tempo e forma, ás necesidades asistenciais, o que sobrecarga aínda máis o traballo da Atención Primaria que ten que asumir a ansiedade dos pacientes mentres agardan por unha consulta, unha proba ou unha intervención”). (“A situación a día de hoxe é insostible . Cos profesionais saturados, con axendas de traballo imprevisibles pola falta de profesionais, e asumindo , ausencias previstas e imprevistas, tendo que realizar xornadas extenuantes. Como a que obrigaron a realizar a unha médica de PAC: 65 horas en 5 días, distribuídas en dúas gardas de 24 horas e outra de 17 horas…)

“Só o compromiso real coa Atención Primaria por parte da Administración pode evitar que a situación desesperada de hoxe, remate nunha situación de crises sen precedentes na Área sanitaria de Vigo,” …

Nitidamente vexo o problema que temos e o que nos agarda.

A Administración fai e desfai ao seu antollo. Médicos, enfermeiras e persoal están denunciando o que pasa e o que pode pasar.

E a poboación que é a que ten o poder (recoñecido constitucionalmente), non ten/temos nada que dicir?. A resposta espero que me chegue dos/as meus amables lectores/as.

Telmo Comesaña novembro 2018

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.