Celebramos el Samaín

O 1 de novembro é unha data sinalada no noso calendario. É a noite na que se celebra o Samaín, e, na clase de memoria quixemos participar decorando as típicas cabazas de terror.

Comezamos baleirando as cabazas para despois recortar os ollos, a nariz e a boca. Dentro colocamos unha candea para alumear o rostro terrorifico da cabaza e así afastar os malos espíritus.

O samaín ten unha orixe celta e en moitas zonas de Galicia vense celebrando dende sempre. Unha noite máxica, meiga, na que os celtas crían que as portas do máis alá abríanse para que os espíritus poideran volver cos seus. Unha noite de reunión na que se deixaba comida na mesa para disfrute dos antepasados. En tempos celtas empregaban caveiras para afastar os malos espíritus.

Esta tradición foi levada a América polos emigrantes, onde foi transformada no famoso Halloween.

Na clase de memoria,  ademais de decorar cabazas, recopilamos refráns tradicionais da época e algunhas recetas de cociña que levan coma ingrediente principal a cabaza, ou teñen ese aspecto terrorífico que marca esa noite.

Noite de bruxas, pantasmas, morte, demos,…ese mundo descoñecido e escuro que deixa de ser fantasía para voltarse real e formar parte dos vivos no Samaín.

 

Texto: MariCarmen Freasa

Vídeo y fotos: José Antonio

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.