Historias doutrora

Cando alguén fala do futuro nunca é quen de demostrar con certeza o que está por chegar; só pode falar de hipóteses. Cousas que pasarán ou non. A historia é outra cousa: trata de episodios,naturais, accidentais ou provocados polos humanos. Velaí a diferenza. Eu non son historiador pero teño unha longa vida e unha memoria privilexiada, que me permite extraer do meu “fardel”, feitos, escenas, acontecementos dunha longa e cruel ditadura, represión social, cultural e relixiosa, etc. Mais non é disto do que quero escribir arestora.

Hemeroteca do Faro de Vigo

A miña escasa visión -apoiándome nunha tele-lupa- lévame a ler titulares e algúns relatos cortos. Teño por teima ler a hemeroteca do Faro (Hai 130 anos, 100 anos e 50 anos).

No xornal do día (04 – 07-1888) como noticia destacada figura:

– Huelga de lecheras

La huelga de las lecheras tomó el día anterior “mayores proporciones”, según el diario decano. Durante la jornada previa habían vendido su mercancía las lecheras de Teis. Pero, enteradas las de San Pedro, Castrelos y Coia, se acercaron de madrugada al barrio y “emprendieron a palos con las que se dirigían a Vigo a vender leche”. La crónica relata que rompieron varias calderetas y otras muchas vertieron el líquido que contenían. Una vendedora llegó a la Casa Consistorial con varios golpes en la cabeza dando parte de haber sido maltratada y despojada de la mercancía por dos mujeres, cuyos nombres reveló y que ya estaban siendo buscadas para proceder a su detención.

Ata aquí o relato da hemeroteca do Faro de Vigo. Eis a historia: oral, escrita, en moitos casos debuxada ou fotografada e, de moitos anos ou centurias atrás, estudadas e dadas a coñecer polos arqueólogos e historiadores. Precisamos saber de onde vimos para saber quen somos. Ese coñecemento axudaranos a ser máis libres.

Futuro

Ninguén pode –cientificamente- adiviñar o futuro deica outros 130 anos (2148). Só podemos facer hipóteses: consumiremos leite? serviranos os “droms”, deixándoos repousar na porta da casa, ou serán alieniíxenas chegados das galaxias siderais? Moitas hipóteses se poden facer, mais as bolas de cristal só serven para ilusos.

De tódolos xeitos, desde a lembranza do pasado pódense tirar algunhas:

Reflexións

– A folga era das leiteiras do Concello de Vigo; Teis pertencía a Lavadores, e xa que logo, as de Teis viñan a reventar a folga e aproveitarse da ocasión.

– Tampouco di a que “Casa Consistorial” acudiu a muller aldraxada, si a Lavadores ou ao de Vigo, da que era alcalde Eduardo Iglesias.

– A anexión de Lavadores con Vigo deuse en xaneiro do 1941. Comprendía as parroquias deTeis, Candeán, Cabral, Bembrive, Zamáns, Beade, Valadares e Lavadores. Esta foi a segunda anexión.

No ano 1904 xa se fixera a anexión de Bouzas, coas parroquias de Alcabre, Coia, Comesaña, Navia, Coruxo, Oia, Saiáns e Bouzas.

Vigo, 23 parroquias

A partir do ano 1941 pasa a ter 23 parroquias, con un fronte ao mar dende Chapela-Redondela, até Nigrán; tendo a Mos, Porriño e Gondomar como extremantes intermedios. No fronte marítimo aséntanse as industrias: naval, salga, automoción, servizos e lecer . O resto é un gran espazo rural.

Eis a importancia deste medio de vida.

Nos mercados de Vigo confluía a produción do “Val do Fragoso” -arestora coas terras en parte ocupadas por industrias- e outras.

Esta transformación administrativa deuse en só 37 anos (1904-1941). Quen podía agoirar o cambio até hoxe.

O que si se ve vir é o que acontece en cidades como Barcelona, ou outras semellantes como Bilbao, nas que as “Áreas Metropolitanas” xogan un papel moi importante no desenrolo económico e social do territorio.

Dende as miñas limitadas perspectivas, si que penso que cando as “cabezas actuantes” se arrefríen, Vigo e 25 concellos máis poden chegar a ter influencia territorial até o Norte de Portugal. Isto para min non é un soño, é cuestión de tempo e de vontade política e social.

Remato como empecei

Non coñecemos o futuro, pero temos que traballar por acadalo. Si pola contra esquecemos quen e de onde vimos, como os revisionistas nos aconsellan, perderemos ese futuro que albiscamos.

Ollo! Pode que os tempos estean á chegar

Telmo Comesaña xullo 2018