Don Marcial, Escribidor de ripios (II)

Co compromiso de seguir coa viaxe polos Picos de Europa e o seu entorno, que coa aparición, de súpeto, do cura octoxenario, con varias parroquias da Vega Liébana ao seu cargo, deixei para esta o resto das vivencias, e unha escolma dos “ripios” extraídos do libro “Ripios de Don Marcial”.

Como xa dicía deixamos ó señor cura en Santo Toribio e fomos xantar, pasar a tarde e noite en Potes -cidade medieval e moi ben conservada-. Ó día seguinte dirixímonos a Fuente Dé por aquel val verde e tranquilo. Alí contemplamos, o ir e voltar do teleférico que traslada á cima da montaña, salvando a impresionante parede pétrea. Esperamos a nosa vez e fixemos a ida – volta, con outras persoas o mesmo que o faciamos nós, era case como unha pequena aventura. O día prestábase para desfrutar: sol radiante con algunhas nubes moi altas, que só servían para decorar aquel conxunto. O verde do val, o gris das paredes de granito, con algunhas plantas salvaxes amarradas nas pedras e o ceo azul, con aquelas poucas manchas brancas, nas que destacaban as aguias esculcando no chan desde as alturas na procura do sustento; e alí arriba…paz.

A volta quedamos a xantar. Saímos deica Potes camiño do desfiladeiro da Hermida -lembro que 12 Km-. Foi unha experiencia ir entre montañas ao carón do río: pedra, auga e árbores; curvas e máis curvas e nalgún rechán, unha casiña. En Panes descansamos e fixemos noite. Pola mañá ao achegarmo-nos ó coche, o recendo do queixo indicaba o que había dentro; solucionado o problema, collemos ruta ó concello de Cabrales para achegarnos a Tielve e -ao pobo máis alto de Asturias- Sotres. As costas son tan pronunciadas que pensei que o meu -2 cv- non ía ser quen de levarnos ata arriba.

O coche respondeu tan ben que me sentín un parvo por dubidar da capacidade e do servizo, que había uns cuantos anos que me levaba dun lado po outro, as veces cargado con ladrillos, cemento ou pedras. O meu “dosca” exploteino a tope. Agora ben,eu tamén o cuidei como se merecía.

Chegada a Sotres e ir rematando a viaxe

Sorprendeume o pobo: moi boa construción pétrea e en moi bo estado; nunha fachada un letreiro “Pensión La gallega”; xente nova dun lado po outro e un recendo a callos que eran unha provocación pos nosos sentidos. Non perdemos a ocasión e compartimos mesa e mantel cuns rapaces novos que –segundo eles- ían escalar o Naranjo de Bulnes. Demos unha volta polo pobo e decidimos xantar alí mesmo, o ambiente era agradable e nos non tiñamos presa nin tampouco ir a un lugar concreto: o noso primeiro obxectivo estaba cumprido: –Riaño-.

O día seguinte pasámolo en Cangas de Onís e Covadonga; non deixamos de volver aos lagos. Alí tamén lle entramos a un “bollo preñau”, regado cunha sidra para que amolecera ben o chourizo, que picabaaa!

A volta para vigo xa non ten interese, e prefiro facer unha pequena

Escolma dos ripios

[El Teleférico 24-10-68:[…Al estar en Fuente Dé también debo hacer mención del grandioso TELEFÉRICO que hizo la Diputación.

Y, en su nombre, el Presidente que, siendo buen Escalante, en vez de ir a pie a los Picos, quiso subir por el aire].

———————-

[Democracia 17 -2 -76::

¿Dónde estará el justo medio / de la sana democracia entre el poder absoluto / y la incivil demagogia?.

Jesús, que conocía al hombre,lo puso, al plantar la iglesia,con mandos seleccionados y que elijan la cabeza.

Todos tienen por misión ser servidores del pueblo como él mismo lo mandó y en ello nos dio su ejemplo].

——————

.[.La Iglesia no es democrática; viene de Jesús, que es Dios; que les dijo a los Apóstoles:

ego sum qui elegi vos”. Les mandó, en otra ocasión; id al mundo a predicar, “quivos audit me audit me”; toca así al pueblo, escucha…]

——————–

[ Don Marcial toca tódolos temas;celibato, confesión, vodas, amores,aborto, familias, etc. Critica as confesións comunitarias (novidades de teólogos que se esquecen de Trento).

Laiase de que a xente falta a misa e,moito mais ó rosario. A xente nova rise da pureza…e así vai o home coa cruz da veciñanza descreída as costas].

Eu non son quen para louvar nin para censurar a este ser humano metido a cura, que polo que deixa ver é un home fora de época. Seguir mentando Trento (1545-1563). O mundo virou e ó finar Pio XII, Juan XXIII proclamou o Concilio Vaticano II. Este Papa fixo cambios importantes, entre eles, a prohibición da utilización de símbolos relixiosos con fins políticos. (Os bispos non lle fixeron moito caso como se demostrou en Vigo o 14 de setembro do 1961, cando o bispo da diocese, José López Ortiz bendiciu a cruz do Castro en homenaxe a “los caídos por dios y por España” y en la División Azul)

Non lle tiro méritos a este cura, mais contrastando comportamentos me quedo cos xesuítas, José María Llanos, que se meteu no “Pozo del tío Raimundo” para humanizar as pobres xentes que vivían amoreadas na pobreza extrema.

Para min outro referente é o xesuíta José María Díez-Alegría, que foi “invitado a irse” por publicar o libro”¡Yo creo en la esperanza!”, non autorizado pola xerarquía. Neste libro fala do celibato: (“Voy a cumplir 61 años y no he tenido ninguna aventura de amor. Lo digo sin ninguna vanidad, porque tal vez se deba, en parte, a que soy un poco tonto”), sigue comentando que o que para el é posible, para outros convértese en “una fábrica de locos”.

Entre outras cousas, ocúpase do “cultualismo” na Igrexa Católica: afirma como teólogo- que “debería ser teórico-profética”.

Coñecín nos anos setenta aos “curas comunistas” sobre os que o xesuíta Martín Vigil escribiu un libro. Coñecinos traballando, facendo labor sindical, orientando e servindo de exemplo dentro do catolicismo. Eran liberais e boa xente, comprometidos e censurados polas xerarquías eclesiais ditatoriais e sociais.

Todos eles deixaron pegada: no ensino, na industria, na construción e na sanidade.

Hai empresas en Vigo fundadas no cooperativismo nas que foron piares fundamentais.

Teño a sorte de ter un amigo que deixou a sotana ao non poder cumprir o mandato do Vaticano II, despois de pasar polo TOP (Tribunal de Orden Público), o que non deixou foi de ser Cristián.

Don Marcial coidaba das almas e admiraba a Franco, e porén ó sistema. (Así o demostra nos seus ripios). Os “curas comunistas” atendían as almas e os corpos, a dignidade do ser humano; loitaban polas melloras salariais e pola formación dos traballadores e pola transformación da sociedade. Formaron parte desa revolución social activa para o cambio que se aveciñaba.

Eis a diferenza

Telmo Comesaña xullo 2018