Actividades do Centro Sociocomunitario de Coia – Vigo

O Centro Sociocomunitario de Coia arrincou o curso 2017-2018 o día 15 de setembro cun total de 35 cursos que abarcan desde setembro/outubro ata o mes de xuño. Son cursos de diferente índole como de actividade física, artística, cultural, de formación, etc…Nestes cursos están matriculados a día de hoxe un total de 553 alumnos.

Bolillos

Pintura ( 3 grupos)

Pandeireta Canto

Bailes Latinos

Entrenamento Memoria ( 3 grupos)

Prepilates e Ximnasia De Mantemento

Ioga – ( 2 grupos)

Taichi ( 4 grupos)

Exercicio e Danzas Do Mundo

Pilates e Danzas Do Mundo

Ximnasia – Tardes

Pilates – Estiramentos – Relax

Pilates

Inglés ( 4 grupos)

Inglés Lectura

Informática Aspanaex ( 2 grupos)

En Forma Bailando

Pilates e Baile

Baile de Salón e Ritmos Latinos

Taller Viaxeiro Cultural

Mobilízate – Móbiles e Tablets

Zumba

Doutra banda temos as actividades de La Caixa, que son de duración curta e están destinadas a persoas maiores de 60 anos. En total, 14 actividades neste primeiro semestre nas que participaron 180 persoas. Queda pendente para o día 13 de xuño a celebración do “Cinefórum por el buen trato a las personas mayores” coa proxección da película “Las chicas de la lencería”

Amigos Lectores

Iníciate a la informática

Retoque fotográfico y presentaciones digitales

Conéctate a la red

Incorpora Internet en tu día a día

Ejercit@ la mente

Actívate

Vivir como yo quiero

Vivir en positivo

Entrena

Alimenta tu bienestar

En forma

En forma II

Herramientas para el respeto atención y buen trato

Outras actividades de duración curtas que se levaron a cabo foron, Estamos de cine, cunha duración de dous meses na que participaron 15 usuarios e o obradoiro re-cárgate que se está realizando actualmente con 15 participantes e dous meses de duración.

O Centro conta ademais con grupos de amigos formados por usuarios do propio Centro e que se xuntan para compartir inquedanzas, e gustos por distintas materias. Así temos os grupos musicais, artísticos, culturais, gastronomía, voluntarios de informática, etc.. 189 persoas participan nestes grupos e cada semana, en distintas quendas están no Centro para xuntarse e ensaiar ou traballar nas cousas que realmente lles gusta.

Teatro entre amigos – Os Cascabéis

Armónica entre amigos

Cociña (dous grupos)

Bohemios

Cerámica entre amigos

Cuerdas y voces

Voluntarios de informática

Voluntarios da revista do Centro

Amigos lectores – A xerfa

Grupo xeito

Voluntariado social

Ensaio pandeireta

Vientomental

Asvigal

Teatro entre amigos – Esguello

.

.

Precisamente entre estes grupos atópase o das persoas que levan a cabo a revista virtual do Centro na que ademais de interesantes noticias e artigos aparece toda a información referente ao Centro.

Outro dos grupos son os voluntarios de informática, persoas que levan a cabo a importante labor de darlle clases de informática a un grupo de mozos (14), pertencentes a Aspanaex (Asociación a favor de Persoas con discapacidade intelectual).

Neste mesmo grupo, están os que se encargan de impartir clases de informática, gratuitamente, a usuarios do Centro, durante o curso académico, dúas horas á semana. Benefícianse disto unhas 70 persoas, repartidas en 5 grupos.

Ademais encárganse da Aula Aberta que consiste en dar apoio informático a todas as persoas que van ós cursos pero que necesitan aclarar dúbidas. Sempre que haxa dispoñibilidade abren a aula de ordenadores dúas mañás á semana.

Outra actividade é a de avós e avoas educadores dirixidas a aqueles maiores de 60 anos que teñen ao seu cargo , dun xeito total ou parcial, o coidado e a educación dos/as netos e netas.

Aparte disto o Centro facilita á Asociación Sapere Aude (Asociación sen ánimo de lucro) espazos para desenvolver a súa labor que non é outra que a de traballar con nenos e adolescentes ou adultos que desexen integrarse no sistema educativo, que padezan desigualdade estrutural, exclusión social, fracaso escolar, etc. O ano pasado atenderon a 25 nenos e nenas.

Non esquecer os servizos que prestamos no Centro como o de Podoloxía, a través do cal unhas 25 persoas reciben atención semanalmente, a cafetería, con arredor de 100 persoas que diariamente veñen tomar un café, ler a prensa, xogar a partida ou simplemente pasar un intre agradable. E a biblioteca, cunha media de 25-40 persoas diarias.

Outro apartado de actividades son os das excursións que se fixeron con usuarios do Centro, organizadas pola dirección ou por monitores de distintas actividades como: visita a exposición “in tempore sueborum”, Arnoia e Quins (55 persoas), excursión a Lugo –Muralla, Catedral de Sta. María, Capela de San Froilán (19), Viaxe cultural a Tui (26), excursión a Burgos – Merindades – La Bureba (47), visita ó Acuario do Grove (pendente), Xuntanza de maiores no Carballiño (pendente), cruceiro costeiro – Vigo – Illa de San Simón – Illas Cíes (pendente) e viaxe a Sicilia (Setembro – 48).

Este ano, por ter coincidido co 25 aniversario do Centro, fixéronse ó largo do semestre, unha serie de actos conmemorativos. Tendo en conta que a ocupación media por día ronda os 1000 usuarios, un so acto deixaría fora desta celebración a moitas das persoas que asisten habitualmente. Baseamos o desenvolvemento destes actos nos obxectivos do Centro: fomentar a convivencia, solidariedade, a participación activa dos usuarios e o traballo en equipo.

Logo de conversacións con monitores e usuarios, destacados pola súa antigüidade ou participación activa na vida do Centro, decidiuse realizar unha serie de DÍAS CONMEMORATIVOS das diferentes actividades.

Cada un destes 12 días está deseñado para que coincidan varios grupos, que os usuarios dunha actividade se relacionen máis intimamente con outros. Na primeira parte do encontro compartiranse actividades , na segunda farase reconto dos 25 anos do Centro, e ao redor dunha mesa de forma distendida poñeremos en común os nosos recordos.

Contamos co compromiso das empresas e autónomos que imparten estas actividades para sortear entre os presentes prazas gratis por un mes nas súas actividades e tamén contamos con eles para patrocinar o Certame literario, “25 aniversario, facendo barrio”, coa participación de 15 relatos nos que nos participaban das súas vivencias ó largo destes anos no Centro.

En cada un dos días conmemorativos, os usuarios participantes colaboraron con algunhas viandas para que todos os presentes confraternizaran e intercambiaran experiencias entorno a unha mesa.

Os Voluntarios da Revista Dixital participaron en todas estas actividades para presentar o vídeo 25 anos facendo barrio e facer reportaxe sobre o acto.

A participación prevista nestes actos foi duns 1.130 usuarios.

O día 21 de xuño, DÍA DO USUARIO, celebrarase o fin de curso e fin de festa do 25 aniversario coa participación de todos os usuarios que o desexen, con pequenas coreografías de distintas actividades do Centro, grupos musicais en activo e descubriranse as obras plásticas conmemorativas deste 25 aniversario. Entregaranse presentes a usuarios destacados pola súa participación e colaboración ao longo destes 25 anos.

Unha boa noticia. Previsión de próximas actividades con cargo a orzamento da Xunta:

  Celebración 25 Aniversario

Acondicionamento da pista de petanca do Centro

Obradoiro de Arte

Xornadas de comunicación

Curso de busca de emprego para mozos e mozas

  Curso intensivo de fabricación de xabón

Taller: recuperando mulleres silenciosas

Celebración do Magosto

Curso de arte floral

Taller de risoterapia

.

.

Curso de informática: vídeos

Curso de informática: blogs

Curso de dietética e nutrición

Mellora do equipo de son do Centro

Celebración do Nadal

Redacción.