Migracións

Dende hai uns anos acó, a chegada de inmigrantes é unha realidade diaria. A confusión en Europa vai medrando e os Estados non lle atopan solución.

Chegan xentes de África e de Asia, e dende hai algúns anos de Irak, Siria e países da contorna.

Todos queren chegar a Europa. O Mediterráneo é a fronteira “líquida” que teñen que atravesar. Os puntos de concentración para dar o salto á terra soñada están nas ribeiras do norte de África: Arxelia, Túnez, Libia e Marrocos. De aí, en embarcacións precarias, as “mafias” -que controlan o negocio da desesperación de tantos seres humanos- bótanos ó mar. Si chegan ben, e si afogan tamén; ante os cartos non hai escrúpulos. Descoñecese o número de afogados que repousan nesa gran foxa común dese cemiterio mariño.

Anos atrás, das costas de Mauritania e Senegal saían en “caiucos” (lanchas que portaban até cen persoas sen protección de ningún tipo: homes e mulleres -algunhas embarazadas- con nenos e nenas. Mollados/as, queimados/as polo sol e en condicións hixiénicas lamentables, chegaban ás costas do Sur de España e ás Illas Canarias.

Arestora o “Aquarius”; (barco de salvamento dunha ONG), con 630 persoas a bordo: homes, mulleres -algunhas embarazadas- e nenos sen país, navega polo Mediterráneo rumbo á Valencia.

ACNUR (organización para auxilio aos refuxiados) -á que hai anos pertenzo- está presente na zona contribuíndo á aliviar tanta dor e tanta miseria; diante do desleixo dos pobos e gobernos de Europa.

As migracións son tan antigas como os seres humanos no planeta terra. A Biblia xa nos fala das migracións de moitos anos antes de Cristo. A prole de Adán e Eva deberon ser os primeiros, penso eu, e seguiron ata os nosos días. Coido que os motivos sempre foron semellantes: escravitude, guerras, violencia, torturas, , traballos forzados, exterminio dos máis febles.

Outras migracións recentes fuxindo das guerras foron as da antiga Iugoslavia, e de España fuxindo do exterminio franquista nos anos de guerra e ditadura, deica Francia e Sur América, (suliñar o labor do presidente de México, Lázaro Cárdenas, que abriu as fronteiras para acoller a uns douscentos mil refuxiados , e asemade, ao poeta Pablo Neruda que contribuíu a rescatar a miles de homes e mulleres).

Cando escribo este relato, en Valencia están desembarcando, os dos tres barcos cos 630 refuxiados. Un continxente de profesionais: médicos, enfermeiras, iconólogos, tradutores, policías e persoal de ONG, están facendo un fermoso traballo. Vaia a miña admiración por eles e elas!

Confúndeme o aproveitamento da dor allea. Utilízase para figurar: cámaras e máis cámaras, ministros e políticos, figuróns.

Esas tarefas fanse en silencio; por amor a humanidade. Máis tarde chegarán os desencantos.

Situación confusa

Oficialmente ningún Estado da conta das causas que producen semellante traxedia. Nun parladoiro nos que todos saben de todo, dicían hai uns días, que o problema era dos ditadores africanos que se enriquecían a conta do pobo. E pregunto eu: de quen son as multinacionais que explotan os recursos deses países? Quen suborna a eses sátrapas que se apoderan do poder? Quen apoia -por exemplo-, a Obiang Nguema, etc.? Quen negocia coa venda de armas a países que non respectan os dereitos humanos? Quen e por que se provocan conflitos que transforman zonas tranquilas en perigosas?

Ben sei que as preguntas non teñen respostas, aínda que os segredos de Estado quedan ó descuberto.

Superpoboación

Lembro os sermóns dominicais do cura da parroquia cando a miña adolescencia. Cando a celebración do día do “Domun” que se facía a colecta para as misión (ademais de pedir nas igrexas, adolescentes dos colexios de monxas percorrían a cidade -hucha en man- asaltando aos viandantes, indo dunha a outra rúa, en pequenas bandadas de pombiñas inocentes).

Das palabras do cura quedáronme as cifras da poboación mundial (catro mil millóns de seres humanos) Xa que logo, lévame a relacionar a diferencia cos máis de “sete mil millóns” na actualidade. En só setenta anos case dobramos o número de habitantes enriba do planeta. Até canto pode aguantar? Eu non teño a formación para facer prognósticos, pero todo ten un límite, todo é finito e os recursos non se reparten por igual. O poder sempre establecerá as diferenzas. Eis, a cuestión. O problema está aí, mellor dito, aquí.

A UE, está ausente: víase en “tv”; unha reunión no Parlamento europeo, dispostos a debater a prol de buscar solucións, e só se presentaron o dez por cento dos parlamentares. As bancadas estaban valeiras.

A situación non pinta ben e a demagoxia pode ser perigosa.

Ninguén foxe por gusto, e, estarréceme pensar, nuns país que se desprenden das criaturas co gallo de que poidan ser libres, correndo riscos de afundimento, roubo ou desaparición. Terrible só pensar como pode estar esa xente.

Tócanos reflexionar, porque todos somos humanos compartindo o mesmo planeta.

Telmo Comesaña xuño 2018

Un comentario sobre “Migracións

  • el 26 de junio, 2018 a las 17:18
    Permalink

    Creo que las soluciones están ahi, pero no se toma nota de ellas. La OMS se preocupa de denunciar las deficiencias en los temas de salud, alimentación, etc.., que sufren estos paises, en Africa y Asia. Algunas ONG toman esto en consideración y trata de mejorar las situaciones en algunos paises, pero esto es solo un pequeño remiendo en la gran rotura que significa la pobreza del tercer mundo. ¿Qué podriamos hacer? Algo que se me ocurre es que exigir a nuestros gobiernos que en su programa de gobierno dediquen parte de los recursos a paliar los problemas en origen y persiguiendo a esas mafias que se aprovechan de los más pobres para enriquecerse. ¿Cómo hacerlo? Haciendo que la democracia sea una realidad, es decir que sea el gobierno del pueblo, y no de unos pocos, que por un casual, son las más ricos.

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *