Certamen literario Percorrido da liberdade ata o CSC

Non me enganes Liberdade

Eu xa sei que non existes

Sei que eres unha quimera

Sei que, empeñada en buscarte,

Volvereime túa escrava.

Cando nena, non te tiña

Mais tampouco te añoraba

Pois de ti eu non sabía,

Coidaba que a vida era así.

Cando empecéi a pensarte

Descubrín as liberdades,

Das que a física non tiña

Pero sí a ideolóxica;

E podía soñar

E era libre

E era feliz

Dentro dos meus soños.

E chegou a edade adulta,

Xa non podía soñar;

Surxen os teus inimigos

E a loita entre o SÍ e o NON.

Inimiga a sociedade

Que non che deixa ser ti,

Soidade en liberdade.

 

Outro inimigo,o Amor

Que che resta liberdade;

Tirano lle chamaba Góngora.

Amor prohibido,

Amor obsesivo,

Amor compartido,

Amor sufrido

Sempre contra a liberdade.

E os anos van pasando

E a loita non remata

E o inútil empeño

De conquerir esa quimera

Segue a marcar a túa vida

Enfrentándote ó que che da

E ó que che quita.

Nova etapa e nova loita:

A terceira idade.

Pensas que, por fin, podes

Pagar o custo da liberdade,

Non che asusta a sociedade,

Estas soa, pero libre.

Mais entón outras cadeas

Van a atarte novamente,

As cadeas físicas

E outra vez a loita entre

O teu corpo e a liberdade.

Pero esta loita é máis suave,

As cadeas físicas son rompibles,

Por iso estamos aquí

No Centro Social Coia

Con Víctor que nos axuda

A eliminar esas cadeas.

Xa sei que cando chegue o fin

Inda seguiremos loitando

E, buscando ese soño,

Pensaremos en Calderón:

A liberdade é un soño

“e os soños soños son”

Unha Soñadora