Certamen Literario: O centro comunitario de Coia

O centro comunitario de Coia esta de aniversario, cumpre 25 anos e é un centro dos mais importantes de Vigo. Os que levamos tantos anos temos moitas experiencias moi agradables de todalas viaxes que facemos por toda Galicia. É unha marabilla ollar os mosteiros, igrexas románicas, pazos, muiños e cruceiros. A catedral de Santiago, co pórtico da gloria é do mais fermoso que se pode ver, queda no maxín e non o podes esquecer.

A Ribeira Sacra ,que ten rios profundos coma mares, que discorren entre outeiros moi longos onde os bacelos en socalcos dan os viños mais importantes de Galicia: mencía Godello e outros, que se exportan a moitos paises. Tamén viaxamos ó estranxeiro, onde falan idiomas coma o inglés, o francés ou o italiano. Nos balnearios acougamos e tamén temos a fabulosa festa do antroido, onde nos disfrazamos. Polo Nadal, todos xuntos o celebramos con comida e baile. Com Xose antón temos Taichí, com Víctor, danzas do mundo e ximnasia; guitarra cos Bohemios e tamén filarmónica, coros de canto, gaiteiros e pandereteiras.

Tamén facemos teatro, todas cantas festas hai no ano as celebramos.

En cerámica fanse cousas moi fermosas e podemos escoller o que mais nos gusta.

Hoxe en día, os usuarios son moi numerosos, temos revista propia en Internet.

Os estudiantes poden usar a biblioteca e os maiores facemos cousas novas nos ordenadores. Tantas cousas facemos , que o tempo vaisenos voando.

Temos calidade de vida e nos esquecemos da idade que temos.

Coas actividades aprendemos e as nosas magoas esquecemos .

Flor

Un comentario sobre “Certamen Literario: O centro comunitario de Coia

  • el 23 de abril, 2018 a las 13:50
    Permalink

    Cuanta razón tienes FLOR en decir que este centro es uno de los más importantes de Vigo pero yo haría una pequeña puntilla… este centro LO HA HECHO MUY GRANDE su directora con apoyo de los usuarios y en ello sigue la actual directora. ENHORABUENA a ambas y a ti FLOR por el relato.

Comentarios cerrados.