Re-cárgate. Programa de envellecemento activo

Do 3 de abril de 2018 ao 19 de xuño de 2018

Gratuito

Impartido pola psicóloga do Centro de Día de Coia

Terá lugar unha vez por semana, os martes de 10.15h a 11.15h.

Re-cárgate é unha forma de estar activos a través do ocio

As capacidades físicas e cognitivas co paso dos anos vanse enlentecendo. Para ter un avellentamento activo e positivo é imprescindible facer actividades que as estimulen. Ademais, para envellecer con calidade é interesante poñer en práctica algunhas funcións cognitivas como a creatividade e/ou a imaxinación.

A través deste programa as persoas participantes poderán mellorar o seu benestar.

Destinatarios: Persoas maiores de 65 anos.

Obxectivos

-Mellorar a saúde e a calidade de vida das persoas maiores de forma integral (física, psíquica e social) actuando directamente sobre as súas capacidades físicas e cognitivas e retrasar a aparición de dependencia.

– Mellorar e optimizar o funcionamento das capacidades cognitivas dende unha perspectiva activa.

Programa de intervención na comunidade e envellecemento activo. Estimulación cognitiva a través de dinámicas.

– Mellorar a capacidade de manter a atención durante un período de tempo.

– Desenvolver a liberdade de expresión das nosas emocións e sentimentos.

– Aprender a rirse dun mesmo e cos demais.

– Coñecer e crear novas relacións con persoas afíns.

– Motivar a participación das persoas en grupo e animalas a probar actividades novas.

– Promover o traballo en equipo, favorecendo as relacións interpersoais.

– Desenvolver capacidades sociais.

– Expresarse libremente.

– Tomar conciencia dos nosos sentimentos.

– Traballar a autoconfianza.

– Traballar a escoita activa.

– Minimizar a ansiedade.

Os obradoiros están organizados para un máximo de 12 participantes, en 11 sesións de 1 hora de duración.

 técnicas de risoterapia,

 técnicas de ludoterapia,

 expresión corporal

 e mesmo metodoloxía teatrais.

Todas elas mesturadas e organizadas, co fin último de que exerciten as capacidades cognitivas dende unha perspectiva lúdica e distendida.

Inscrpcións  en dirección ou administración.

Redacción.