Publicidade: intensa e as veces irritante.

A publicidade é unha forma de achegar ao público en xeral , o que somos, ou a -imaxe que queremos dar-, o que temos, o que desexamos ou do que nos queremos desfacer.

A publicidade vennos de moi atrás; na idade media xa anunciaban os autos de fe na praza pública, onde se queimaban aos herexes; e aos xudeos chantábanlle  un “sambenito” na roupa co gallo de identificalos e aldraxalos polos cristiáns.

Co pasar dos anos esas práticas foron desaparecendo e a publicidade acomodándose as épocas. (Lendo “El pan de Franco” de Lucio Martínez Pereda, atópome cunhas instruccións  para facer unha campaña de homenaxe a Mercedes Sainz Bachiller iniciadora do Auxilio Social, diante do impulso de Pilar Primo de Rivera. …) O peticionario pedía discreción e daba as normas a seguir: fotografías en movimiento; aproveitando a presenza de nenos nas escolas, nos talleres e nos comedores, etc; asemade, pedir un artigo de persoa ben formada para extraer frases de impacto, (…).

A propaganda publicitaria durante  esa época foi intensa e continuada; como exeplo o (NO-DO) -no que se contaban as excelencias do réxime, sempre boas, e si algo era tan malo que non se podía tapar, a culpa era do “contubernio judeo-masónico-, presente en todolas pantallas de cine dando entrada á película.

A publicidade tuvo  unha gran importancia nos anos negros da nosa história, mais non é a miña idea refletila neste artigo: abondan libros dos historiadores extranxeiros, Stanley  G. Payne, (norteamericano), Hugh Thomas e Paul Preston  (ingleses) e, algúns máis para ilustrarnos.

Neste eido tamén tiñamos un atraso considerable do que acontecía máis aló dos Pirineos. Ende bén, a comezos dos oitenta –do pasado século-, as cousas empezaron a mudar como si saíramos dunha noite de pedra, e o cambio produciu sorpresas nas xentes máis influidas polas relixións e tamén as das zonas rurais que tiñan moi pouco contacto coas cidades.

A publicidade fíxose atrevida; os/as deseñadores comezaron a utitizar á muller como reclamo: mulleres novas, guapísimas, estilizadas, lixeiras de roupa, sorrintes e con posturas orixinais, anunciando todo tipo de obxetos e actividades: coches de grandes cilindradas de rechamantes cors; iates de vela ou de motor. Moda, prendas femeninas de interior, exterior e de baño; xoiería de marca ou fantasía.

Outro campo foron as viaxes en grandes trasatlánticos, praias de ensoñó no Caribe e en calquera lugar éxotico do planeta Terra.

Co devalar dos anos foise incrementando o espazo e os homes pasaron a formar parte, en solitario ou en parellas con mulleres. Todo que é vendible pasa pola publicidade; non hai cousa que se produza que non sexa publicitado.

Taboleiros nas estradas, campos de fubol, pabillóns deportivos, piscinas, parques, autobuses urbanos, taxis, revistas, xornais, radio, televisión, son os soportes máis acaidos. Esgótame só escribilo!

Na actualidade é tanta e tan diversa que moitas veces hai que rexeitala; mans de homes ou de mulleres, o abeiro do tráfego de peóns,  asáltante polas rúas para meterche na man pequenas  notas das ofertas máis diversas e peculiares, xa sexan de vestir, calzar, ou do “santeiro” que cura tódalas doenzas, amaña parellas separadas, cura tódolos males e faite durmir si non tes sono… Non faltan as que portan estampiñas e libriños relixiosos; xentes preocupadas pola humanidade que está indo dereitiña ao inferno. Sin ir máis lonxe hoxe  atopei no buzón unha folliña que espertou a miña curiosidade: con espazos de diferentes cores rechamantes , alternando con cores brancos e verdes como base do conxunto. O anuncio era dunha clínica dental.

Os pequenos textos dentro dos círculos

-¡¡”25 % de descuento en limpieza dental”!!

-“Presupuesto sin cmpromiso”

-¡”Financiación a su medida”!

¡”6 meses sin intereses”!

–“Radiografía panorámica gratuita en tu primera visita”

-¡“Consigue una boca deslumbrante con ortodoncia invisible”!

– ¡”Luce sonrisa perfecta con nuestro blanqueaminto”!

-¡”Rejuvenece con ácido  hialuronico sin cirugía”!

-¡¡”Hasta el 65 %de descuento”!

O impreso está deseñado para chamar a atención: cores, formas e letras en diferentes formas e tamaños, con debuxos das pezas que se queren resaltar son unha tentación para ler o contido. Eis unha técnica de fixacicón da mente ao través da mirada.

Insoportable

Hai algunhas que por seren tan continuadas no tempo fanse aburridas e compre fuxir delas.

Dende hai uns anos, en tódolos medios  unha aseguradora fai chamadas para que se vaian con eles: día e noite, ano a ano sempre coa oferta de facerllo máis barato sexa o prezo que sexa. E non se aburre.  A min fáiseme imposible aturalos e debo ser eu o trabucado porque eles continúan coa mesma leria.

Outra é  a que pon alarmas coas que todos os que as poñen son felices; ninguén lles pode roubar porque o trebello en cuestión adiantase ó ladrón. Hai quen dea máis?

A estes atureinos un día que me chegaron á porta dispostos a montala porque –según eles- eu era o único que faltaba no barrio. Palicamos preto dunha hora; poñíanma de balde –según eles- xogamos como o gato e o rato. Cando xa íamos máis aló da media hora un deles díxome: xa lla tiñamos montada si vostede quixera. –Acertache mozo, porque eu nin quixen nin quero. Eles non daban creto a que eu me negara a unha seguridade que saía moito na televisión. Rematei con “deches no clabo mozo! Está moito na televisión…

Telmo Comesaña   febrero 2018

 

 

 

 

 

 

 

 

2 comentarios sobre “Publicidade: intensa e as veces irritante.

  • el 3 de marzo, 2018 a las 12:52
    Permalink

    Ciertamente Telmo, la publicidad se ha vuelto algo insoportable. Ahora siguen el modelo americano basada en la supuesta “agresividad” para que no se escape ningún comprador. Y oímos frases como “comercial agresivo”, como el más competente. Es como una guerra donde hay que defenderse. Bien por tí Telmo. Yo también tengo mis batallas con los de las eléctricas que llegaron a amenazarme con cortarme la luz. Qué mundo este!

  • el 4 de marzo, 2018 a las 20:02
    Permalink

    A agresividade en min fai o efecto contrario. O sistema americano tampouco é o meu favorito. alá eles!

Comentarios cerrados.