Amigos

Qué é un amigo? Esta é a pregunta que a cotío  bule na miña cabeza.

Simplemente amigos. Hai amigos para tódolos gustos: para xogar unha partida, pasar un día festeiro, no que xantar unha caldeirada de peixe, de porco, de añiño, ou do que se poña por diante; amigos só para falar de fubol, de política ou das pastillas que lles dan os médicos; amigos para facer viaxes, do Inserso ou con calqueira peña de siareiros de calqueira cousa, porque o importante é divertirse; amigos  para ir dun lado po outro sin importarlles o fin da xuntanza en cuestión.

Esta clase de amigos adoita agromar de súpeto, prácelles atoparse e moitas veces rematan rifando por desacordos entre eles. Sempre aparecerá algo que creará disensión e isto depende  moito das actitudes máis ou menos inflexibles con respecto aos ideais de cada quen.

Hai amigos nas redes sociais: twiter, Facebook, linke-din, Instagram, etc. Neste grupo os amigos poden ser miles, moitos miles, todos ou casi todos descoñecidos. Son amigos planetarios; hainos que ademáis do nome e outros datos persoais suben fotos, moitas fotos, deles, das familias e de todo o que se lles poña por diante. A imaxe pasou a ser o motivo fundamental do encontro.

A estes, –coa salvedade duns poucos-, non lles chamo amigos; considéroos “contactos”.

Logo hai os amigos que nin siquera saben que son amigos de alguén, por exemplo: atópanse uns grupos en algún evento, festa ou xuntanza, e un deles preséntalles aos “amigos” que o acompañan (aquí é moi importante a posición social ou económica). Como nunca se coñeceron, nin lles interesa coñecer, cada quen segue a súa vida sin lembrar ao presentado. Xaora, todo segue igual, mais nunca falta ó infeliz que pode presumir de amigos, porque “os amigos do seu amigo tamén son seus amigos”. E deste xeito a vida vai andando e un parvo sempre pode ser útil.

Hai amigos que o son polo interese: refírome aos tan comentados ditos populares: “hai que ter un amigo ata no inferno”; . “Grazas a un amigo que moveu uns palillos”. Hainos que sobornan por anticipado; velalí un exemplo: “…manos que no dais, qué esperáis”.

Os amigos son outra cousa e a -vox populi- déixanolo claro “ Librame deus dos meus amigos, que dos meus enemigos xa me libro eu”.

A un amigo non fai falta pedirlle nada: cando te mira mal ponse ao teu carón, sufre contigo, e goza dos teus éxitos. A confianza entre ambolos dous , a amizade profunda, o respeto pola diversidade -dun con respeto ao outro-afortalan ese compromiso non escrito.

Eu teño moitos coñecidos e algúns amigos; –dos da infancia quédanme dous-, a outros lévolle algúns anos e vémonos con frecuencia. Por último suliño un amigo fraternal: coñecímonos traballando na década dos sesenta do pasado século. Dende hai uns anos só nos vemos unha vez o ano: él achégase á miña casa; dámonos unha forte aperta á chegada e á saída. As cualidades humanas deste amigo son para nolos dous fraternais.

Pobos amigos

A conndición de amigo vai máis aló das persoas do mesmo pobo, lugar, nazón ou continente, lingua, relixión ou cor da pel.

Os pobos irmandíñanse con outros de iguais ou semellantes culturas e afinidades. Velaí a irmandade entre Vigo e Lorien (Bretaña francesa), nos anos oitenta do pasado século. Naqueles primeiros intres os contactos entre as cidadanías eran frecuentes, –de Vigo a Lorien e de Lorien a Vigo: recepcións, intercambio de grupos culturais,  de bailes bretóns e galegos, canto, música, danza, cinema e mocidade compartindo vida en común. Mais, cos cambios de orientación política dos mandatarios, estas irmandades pasan como un lóstrego sin apenas deixar ronsel, e cos anos, todo se esquece.

A amizade dos estados é outra cousa; esas non son irmandades, son amigos por intereses, que teñen que asinalos porque non se fian uns dos outros, calquera rifa pode votar abaixo a amizade, mais os compromisos hai que cumprilos.

Arestora estamos a vivír unha época, na que a cobiza dos estados máis grandes estanse apoderando dos máis febles,  sin importarlles as desgrazas causadas a millóns de persoas, que se ven desprazadas por mor de guerras provocadas  por cuestión de ampliar os seus espazos de influencia, e, facer os grandes negocios da producción e venda de armamento, atacar a conquista das zonas petrolíferas, gasísticas e minería en xeral, incluso en pleno océano, sin respetar pesquerías ou zonas protexidas pola súa diversidade. Tremendo…!

Endebén, non todo está perdido

O planeta quédasenos pequeno, as comunicación van como lóstregos e as novas chégannos de súpeto;  porén sabemos que hai moita xente traballando nas, ONG, (Organizacións sin ánimo de lucro), tratando de aliviar tanta dor: mulleres con fillos pequenos, anciáns e eivados que fuxen das guerras e da intolerancia, -lembro ás 500.000 persoas españolas cruzando os Pirineos en pleno inverno, morrendo nas estradas e no monte, bombardeados pola aviación franquista, italiana e alemana- sin ter quen os auxiliara ata pasar a fronteira con Francia.

Arestora, organizacións como, ACNUR, (para auxilio  dos refuxiados), Médicos sin Fronteiras e outras moitas que día a día, van rescatando e axudadndo ás vitimas indefensas.

Ás veces pregúntome: podemos mudalo?, Qué facer?. Mágoa, non teño a receita. Mais os amigos, (homes e mulleres, -persoas-, xentes de bén), son indispensabeis  na vida que nos toca vivir. Os principios de –Liberdade, Igualdade e Fraternidade-, seguen sendo fundamentais.

Mantelos é unha obriga.

Telmo Comesaña   marzo 2018

2 comentarios sobre “Amigos

  • el 19 de marzo, 2018 a las 17:58
    Permalink

    Ya echaba de menos el relato de Telmo.
    Muy buena descripción de los diferentes tipos de amigos.
    La palabra “amigo” viene del latín amicus. Deriva del verbo amare (amar), se vincula con una raíz indoeuropea *amma- (voz infantil para llamar a la madre)
    Amigo es aquel que te ama, ¿cómo no amar al que sufre? Al que por el simple echo de nacer en un lugar pobre o en guerra está sentenciado a morir, mientras nosotros nos deprimimos por banalidades.

  • el 19 de marzo, 2018 a las 21:03
    Permalink

    Gracias Carmen por instruirme. É fantastico que os e as lectoras/ es aporten coñecementos; eu o primeiro en enriquecerme.

Comentarios cerrados.