Case 1000 usuarios no día a día

O Centro Sociocomunitario de Coia  conta hoxe con 6.523 usuarios. A asistencia diaria media é de 939 usuarios participando nas diferentes acividades, cursos ou servicios.

Arrincou o curso 2017-2018 o día 15 de setembro cun total de 33 cursos que abarcan desde setembro/outubro ata o mes de xuño. Son cursos de diferente índole como de actividade física, artística, cultural, de formación, etc…Nestes cursos están matriculados 452 alumnos.

Doutra banda temos as actividades da Fundación La Caixa, que son de duración curta e están destinadas a persoas maiores de 60 anos e nas que hai matriculadas ata o momento 100 persoas.
O Centro conta ademais con grupos de amigos formados por usuarios do propio Centro e que se xuntan para compartir inquedanzas, e gustos por distintas materias. Así temos os grupos musicais, artísticos, culturais, gastronomía, voluntarios de informática, etc.. 163 persoas participan nestes grupos e cada semana, en distintas quendas están no Centro para xuntarse e ensaiar ou traballar nas cousas que realmente lles gusta.

Precisamente entre estes grupos atópase o das persoas que levan a cabo a revista dixital do Centro na que ademais de interesantes noticias e artigos aparece toda a información referente ao Centro.

Outro dos grupos son os voluntarios de informática, persoas que levan a cabo a importante de labor de darlle clases de informática a un grupo de mozos (14), pertencentes a Aspanaex (Asociación a favor de Persoas con discapacidad intelectual).

Neste mesmo grupo, están os que se encargan de impartir clases de informática, gratuitamente, a usuarios do Centro, durante o curso académico, dúas horas á semana. Benefícianse disto unhas 70 persoas, repartidas en 5 grupos.

Aparte disto o Centro facilita á Asociación Sapere Aude (Asociación sen ánimo de lucro) espazos para desenvolver a súa labor que non é outra que a de traballar con nenos e adolescentes que desexen integrarse no sistema educativo, que padezan desigualdade estructural, exclusión social, fracaso escolar, etc. O ano pasado atenderon a 25 nenos e nenas.

Non esquecer os servizos que prestamos no Centro como o de Podología, a través do cal unhas 25 persoas reciben atención semanalmente, a cafetería cun promedio de 100 persoas que diariamente veñen tomar un café, ler a prensa, xogar a partida ou simplemente pasar un intre agradable. E a biblioteca, cunha media de 20-40 persoas diarias.

ACTIVIDADES DO CENTRO SOCIOCOMUNITARIO DE COIA

CURSO 2017-2018

Cursos
Actividades Físicas
Bailes Latinos. Prepilates. Ioga. Taichi. Exercicio como Terapía y Danzas de Mundo. Pilates y Danzas del Mundo. Ximnasia.Pilates-Estiramientos y Relax Pilates. En forma Bailando . Pilates e Baile. Bailes de Salón
Actividades artísticas e culturais
Bolillos. Pintura. Pandeireta e canto. Obradoiro Viaxeiro Cultural.
Actividades de Formación
Inglés Nivel 0 Inglés Nivel I. Inglés Nivel II. Inglés Nivel III- Inglés Nivel IV. Inglés lectura. Inglés Cambridge. Entrenamiento de Memoria
Actividades
Actividades de saúde
Podoloxía
Actividades de La Caixa
Iníciate á Informática
Retoque Fotográfico e Presentacións Dixitais
Incorpora Internet no teu día a día
Conéctate á Rede
Exercita a Mente
Amigos Lectores
Vivir Es Descubrirme
Despertar Con Una Sonrisa
Entrena
Alimenta Tu Bienestar
En forma
Actividades Informática e Comunicación
Movilízate
Actividades Grupos Entre Amigos (setembro – xuño)
Teatro Entre Amigos – Os Cascabéis
Bohemios
Grupo Xeito
Cordas e Voces
Armónica e Acordes
Vientomental
Ensaio Pandeireta
Cerámica
Cociña
Amigos Lectores A Xerfa
Voluntarios Informática
Aula Aberta
Revista On Line Voluntarios

Redacción.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *