Bases certamen literario: 25 anos facendo barrio

O Centro Sociocomunitario de Coia convoca un certame literario con motivo do seu 25 aniversario.

Xéneros: Relato curto e poesía.

Premio: 50 euros ao gañador  e diploma acreditativo a todos os participantes.

Aberto a: usuarios deste centro

Fecha  límite de  presentación: 15 abril 2018

A organización resérvase o dereito a aceptar as obras segundo se axusten ou non á temática suscitada.

O concurso rexerase polas seguintes bases:

1. Poderá participar calquera persoa ou persoas que sexan usuarias do Centro Sociocomunitario de Coia.

2. A extensión das obras será a seguinte:
Poesía: un poema ou colección de poemas entre 25 e 75 versos.
Relato Breve: non superará os dous folios por unha soa cara; cada folio terá entre 25 e 30 liñas. O tamaño e tipo de letra será  Arial 12.

3. Poderán presentarse un máximo de 2 obras por participante. O tema do relato terá que ver cos 25 anos do centro, cas súas vivencias ou historia do mesmo.

4. Os textos poderán estar escritos en galego ou castelán.

5. Os participantes no concurso deberán enviar as súas obras por correo electrónico, á dirección c.b.s.coia@xunta.es. Co asunto: Concurso literario 25 aniversario. Ou ben por escrito nun sobre pechado co seudónimo no interior do sobre principal, xunto coa obra. Incluirase un “segundo sobre” pechado no que figuren os datos persoais (nome e apelidos, DNI, teléfono e dirección electrónica).

A finalización de recepción de orixinais será ás 14:00 horas do 15 de abril de 2018.

6. A resolución do concurso estará en mans dun xurado composto por tres redactores da nosa revista dixital e  un representante da administración.

7. As obras, presentadas en formato dixital, publicaranse ata o 15 de maio na nosa revista. Os lectores poderán deixar os seus comentarios sobre as mesmas para que o xurado poida telos en conta.

8. As obras non gañadoras quedarán descartadas, e os orixinais serán eliminados.

9. O premio de 50 €,  será aportado pola empresa Penta Tai-chi (José A. Parada) ao gañador e  para todos os participantes  entregarase un diploma acreditativo.

11. O fallo do xurado farase público durante os actos que se celebrarán con motivo do día do Tai-chi,  o xoves día 24 de maio ás 17:00 horas. O gañador recollerá o premio ese día.

12. O fallo do xurado será inapelable. O concurso non poderá ser declarado deserto.

13. A participación neste Certame supón a aceptación da totalidade das presentes bases. 

Redacción.