2018. Continuamos

 

Co cambio de ano comezamos unha nova andaina nisto de escribir para publicar na revista do voluntariado do Centro Sociocomunitario de Coia. Sin pensar nas repercusións que puidera ter,  aceptei de bo grao a   invitación que me fixeron.

Comezo

(Foi o martes de carnaval do ano 2016 no xantar organizado polo Centro. Rematada a comida deu comezo  a festa  e velaquí que me invitaron a bailar. Uf! Había tempo que non bailaba, pero   non puiden dicir “non” e, velaí que mirei mergullado no medio de xente alegre algareira con motivos acaídos ao entroido: na vestimenta e aduvíos que resaltaban as figuras femininas). Eu nunca fun un bo bailarín, pero ademais ese día non levaba os zapatos de bailar! Xa!

Até ese momento nunca tiven a disciplina de escribir dun xeito voluntario e continuado. Xaora, comprometido co grupo e  coa traxectoria de: en primeiro lugar de servizo ao Centro e ó colectivo afiliado. E aló van máis de oitenta artigos publicados.

Descoñezo a utilidade destas miñas achegas semanais deica os e as asociados; si coñezo o que significa para min. Hai moitos anos que sei da importancia do exercicio físico para a saúde e tamén o psíquico. Esta nova andaina lévame a traballar intensamente a memoria, a ordear as ideas e practicar a escritura . Moitas veces percorrendo espazos da miña vida, dou en rir cando penso a importancia que eu lle daba a algunhas cousas ás que agora só me fan rir, por exemplo, o medo ó inferno, froito daquela educación fascio-relixiosa á que estábamos sometidos. Vexo na distancia e só penso no fracaso daqueles que tanto empeño puxeron por transformar as mentes infantís, -comigo fracasaron-. A liberación así sen mais é o triunfo de ir evolucionando cos anos. Eses trances pásanse con esforzo, decisión e compromiso.

Para outras xentes élles máis fácil quedarse nese “limbo” do que nunca son quen de saír; nin están nun lado nin no outro, tomar decisión cóstalles moito e, a desculpa é de submisión diante dos poderes: dos daquela e dos de hoxe, e así van devalando ata o final que tod@s temos asegurado.

Este tipo de persoas son as que ao longo da vida só dan en falar da “sorte”: envexan os avances d@s demais e láianse da súa mala sorte. Non son quen de mirarse a si mesmos.

Reflexión

Escribir obriga a reflexionar,  a mirarse a un mesmo. Coido que este é o máis importante. Cada quen ten o seu estilo de vida e para mirarse un mesmo, compre mirar sempre con ánimo de aprender e ser crítico: con todo o que mira ou le e con un mesmo. Estar suxeito á unha fe ou a unha ideoloxía concreta prívanos de mirarnos nós mesmos.

Para min nada mellor que a lectura, as viaxes e a observación da natureza   e de todo aquelo que me arrodea: os comportamentos da xente da sociedade da que formo parte  -tan diversa e tan pouco comprometida-.  Dos devanceiros e das diferentes culturas;   das obras artísticas: música, danza, cine, escultura, pintura, etc. Tamén o aprendizaxe profesional sen renunciar ás obras dos creadores en xeral -mulleres e homes con sentido creativo-  en calquera actividade nas que se desenvolven as sociedades modernas.

 

A vida esíxenos aprender constantemente para non quedarmos fora do mundo que se renova día a día.

 

Telmo Comesaña    xaneiro 2018