Importancia del entrenamiento de la memoria

No, no sufro de amnesia, sólo me acuerdo de lo bonito y de lo que quiero acordarme. Se llama memoria selectiva y es muy saludable tenerla.”

Mario Benedetti

O cerebro é un órgano máis do corpo que se deixamos de exercitar vai perdendo as súas capacidades, polo que é necesario manter unha vida activa. A memoria é unha parte fundamental no desenvolvemento da nosa vida cotiá. Grazas a ela podemos levantarnos da cama, vestirnos, facernos o almorzo, chamar por teléfono… É unha capacidade que todos temos e que pode sufrir algún tipo de deterioro debido a diversos motivos.

Podemos notar que a nosa memoria vai a menos despois de sufrir algunha enfermidade como pode ser un ictus; cando sufrimos depresión, ansiedade, estrés; ou cando tomamos algún tipo de medicación. Coa idade as nosas neuronas tamén van sufrindo cambios e é normal que nos custe máis recuperar información xa memorizada, aprender cousas novas ou prestar atención a máis dunha cousa ó mesmo tempo. Este deterioro pode ser recuperado (total ou parcialmente dependendo da gravidade do dano causado nas neuronas) se facemos exercicio mental.

No curso Entrenamento da memoria facemos exercicios que fan traballar a nosa mente para poder mantela activa e previr, ou paliar, o deterioro. Os aspectos que se traballan son:

– a axilidade mental: exercicios como escribir palabras que comecen por unhas letras determinadas, palabras encadeadas,…

– a atención (que tanto perdemos coa idade): para traballar este aspecto buscaremos símbolos, palabras ou letras desparexadas, números que faltan, sopas de letra,….

– a memoria visual: recordaremos imaxes memorizadas anteriormente.

– ortografía: ditados, palabras que empecen por b,v,g,j,h..           

– cálculo: sumas e restas principalmente, tamén multiplicación.

– orientación: recordar a situación de certos debuxos,…

Tamén coñeceremos distintas estratexias que nos axudarán na memorización coma a asociación e agrupación. Ademais de traballar a socialización entre os compañeiros/as que asisten ás clases entre os que se fomenta un clima cordial e positivo.

Maria del Carmen Freaza Gallardo

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *