Filme ” A palabra xusta”

Unha boa alternativa para a tarde do próximo sábado. Coñeceremos a Antía Cal: a muller que promoveu a vangarda educativa en Vigo. Fundadora do primeiro colexio bilingüe e secular. Distinguida como Galega Destacada en 1994.

O sábado 18 de novembro, ás 20:30h proxectarase no Auditorio Municipal o filme ” A palabra xusta”, un documental de Miguel Piñeiro.

Como di Aurora Marco “unha historia que segue o percorrido vital da mestra Antía Cal. Unha traxectoria que encheu de admiración e de emoción a sala do cine. Quen se move no mundo da educación, quen anda na busca dunha educación igualitaria, quen quere que se recoñeza o lugar que as mulleres ocupamos no mundo, non debería deixar de ver A palabra xusta”.

Título do filme: A Palabra Xusta
Xénero: documental
Dirección: Miguel Piñeiro
Ano: 2016
Duración: 74 minutos
Producción: Atlantis Multimedia

O filme é apto para todos os públicos e ten o distintivo Especialmente recomendada para o fomento da igualdade de xénero.
A Concellería de Igualdade proxectará o filme o sábado 18 de novembro ás 20:30h no Auditorio municipal do Concello de Vigo (Praza do Rei s/nº).

A entrada será libre ata completar a capacidade do local.

Máis información na nosa paxina web http://www.igualdadevigo.org/?sec=noticias&id_noticia=466 e nas nosas redes sociais “igualdadevigo”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *