“As Consecuencias do Egoísmo “

Os incendios vividos en Galicia o pasado 15 de outubro foron, para moitos, un pesadelo que olvidar. Para outros unha desgraza que todavia viven ó perder as súas casas, o seu fogar, o seu traballo, as súas pertenzas e incluso, un ser querido.

Pero hoxe gustaríame chamar a atención sobre as outras víctimas deste terrorismo incendiario provocado, sen dúbida, pola man do home. Estas víctimas son as decenas de especies animais que se viron afectadas neste suceso. Especies coma insectos, aves, caracois; salvaxes coma cabalos, porco bravo, cervos, zorros, lobos, reptís,…; e domésticos coma vacas, ouvellas, galiñas, coellos,… Animais atopados mortos, feridos, desorientados polo monte onde antes pacían libremente. Agora o seu hábitat está destruído, o seu modo de vida, o seu alimento, o seu xeito de reproducirse coma especie.

A solidariedade volveu a vivirse en Galicia, con voluntarios en busca de animais que poidan ser rescatados con vida, con doazóns de material sanitario e medicamentos para poder salvar a vida destas víctimas, con alimento e a busca dun novo fogar.

Violeta, Dulcinea e Nala, son tres éguas da Hípica “Amazonas” en Pontecaldelas, víctimas dos incendios. Esta comarca foi unha das máis arrasadas polo lume non só perdendo monte, tamén vivendas e fábricas. Por sorte, no club hípico, o lume seguiu adiante, parece que respetando as vidas que alí se atopaban nese momento. Sen embargo, estas tres éguas que pacían tranquilamente, escaparon sen saber nin onde se dirixían e foron atopadas con vida pero con queimaduras moi importantes.

Grazas a atención recibida polas súas coidadoras, hoxe podemos dicir que están fora de perigo pero as secuelas aínda que están por determinar: cutáneas: zonas sen pelo, pés inflamados, os cascos xa son máis delicados; respiratorios; oculares; e seguramente non se volverán montar.

Os cabalos deste club hípico ían pacer e pasear polo monte, hoxe ese monte só está cuberto de cinzas, todavía co cheiro a queimado. Hectáreas sen vida arrasadas pola man de ese animal, din que racional, que é o home. Esa razón que moitas veces se perde polo egoísmo, a procura dun beneficio propio que provoca desastres coma o que se viviu o 15 de outubro.

A pesar de todo isto, os culpables seguen libres, seguramente sen conciencia do seu crime, sen ninguén que se volque na súa busca.

Maria del Carmen Freaza Gallardo

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *