Xornada de portas abertas

Nos comprace anunciar que a semana do 16 ao 20 de outubro de 2017 o centro de día de Vigo – Coia, pertencente a rede de centros de maiores da Xunta de Galicia, celebra a súa semana grande: “ao son do mar”, con motivo do VII aniversario de apertura do centro. Por elo se van a levar a cabo diferentes actividades abertas á comunidade relacionadas coa temática “mariñeira”, facendo unha homenaxe a todos os homes e mulleres que adicaron a súa vida ou parte dela aos traballos do mar. Durante toda a semana estará no centro a exposición fotográficaun mar de mulleres”, cedida polo grupo de acción costeira: GALP Ría de Vigo – A Guardia.  Así mesmo, teremos unha exposición de  barcos  realizados con materiais de refugallo para o noso concurso “ao son do mar”, e votaremos o barco máis orixinal.

O luns 16 de outubro abriremos o centro á comunidade de xeito especial cunha xornada de portas abertas chea de actividades con toque “mariñeiro”, nas que se misturará a homenaxe ao mar coa concienciación sobre as capacidades das persoas en situación de dependencia, co obxectivo de empatizar mellor con elas e coñecer o recurso de centro de día. Algunhas das actividades que terán lugar o luns pola mañá serán unha “ginkana mariñeira”, xerontoximnasia, e o xogo “pasalabra versión mariñeira”. Pola tarde se ofertará tamén un obradoiro de memoria e un video-fórum sobre historias de superación e deportes acuáticos, no que contaremos coa visita do nadador paralímpico Chano Rodríguez.

O resto da semana proxectaranse varios documentais sobre os traballos do mar e tres obradoiros con toque “mariñeiros”: de cantigas, de lendas e para aprender a facer nós mariñeiros. Coma lazo final da semana, o vernes 20 de outubro se contará cunha actuación de bailes mariñeiros por parte dalgúns alumnos do CEIP Don Bosco. Pola tarde faremos unha gran festa de aniversario para usuarios/as e as súas familias, que contará coa actuación do grupo “vento mareiro” e coa animación teatral dos “marisqueiros do morraso”.

Para poder inscribirse nas actividades ou visitar ás exposicións será preciso chamar ao 986  23 08 47 ou enviarnos un e-mail.

                  ¡ESPERAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN!

Un saúdo cordial do equipo xerontolóxico do centro de día de Coia – Vigo.  R/Estrada, s/n Int.