“Vigo 1972” A histórica folga.

O noso centro está situado nun dos barrios obreiros da cidade, moitos dos nosos usuarios viviron en primeira persoa a folga do 72. É importante recordar que somos protagonistas da historia.

O DOCUMENTAL “VIGO 1972” PROXECTARASE NOS CINES VIGUESES A PARTIR DO 27 DE OUTUBRO

A longametraxe documental “Vigo 1972” reconstrúe, a través de entrevistas cos protagonistas, materiais de arquivo e dramatizacións, a maior folga da historia de Galicia, que ao longo de dúas semanas tivo lugar en setembro dese ano na cidade de Vigo e a súa bisbarra. A orixe viguesa de Roi Cagiao, e o feito de que o seu pai participara nos feitos explican en boa medida o seu interese por abordar estes feitos que no seu momento convertiron a Vigo nun centro de interese informativo a nivel estatal e interancional situando á cidade á vangarda da loita antifranquista. “Participaron nesta folga uns trinta mil obreiros, aínda que  se nos imos aos días centrais do conflito a cidade estaba prácticamente paralizada: comercio, transporte… é un caso único dentro das mobilizacións antifranquistas no tramo final da ditadura”.

“Vigo 1972”, que se estrea en cines o 27 de outubro proxectarase diariamente ata o 2 de novembro nos Multicines Norte (consultar horario en carteleira), ampliándose ou non o periodo de proxección en fución da afluencia de público. Conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra, o Foro pola Memoria de Galicia o Festival Primavera do Cine, a Unión Comarcal de Vigo de CCOO, a Asemblea Republicana e a Asociación Cultural ferrolá Fuco Buxán.

Ficha técnica. Título: “Vigo 1972”: duración 62 min. Documental histórico social. Lingua: Galego. Guión e dirección: Roi Cagiao.  Fotografía: Damián Varela. Música: Iván Salgado e Diego Mosquera Produción: Emilio J. Fernández / Arthur Gordon. Ficha artística: Waldino Varela, Juan Benavides, Carlos Núñez, Carlos Barros, Elvira Landín, Juan Bacariza, Francisco Lores, Pilar Pérez, Margarita Rodríguez, Rafael Pillado e Camilo Nogueira. 

 

Redacción.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *