Mentireiro

Co cambio dos tempos a linguaxe vaise acomodando ás circunstancias de cada época ou espazo de tempo. Refírome neste caso aos medios de comunicación. Arestora a información/desinformación, -que de todo hai-, é tan intensa e á veces absorbente, que si te deixas levar podes caer nunha adición.

Xornais, revistas, radio, televisión, interné, redes sociais, etc: todo en diferentes formatos e soportes, (papel, radiofónico, imaxe, son….). Toda a información que está nas redes, tela o teu dispor no dispositivo que levas no peto.

A cotío denúncianse fraudes, enganos, e mentiras que circulan libremente por eses vieiros.

Hoxe, o mesmo que noutrora, o que é preciso é ser crítico con todo o que chega diante dos teus ollos. Cando só tiñamos a prensa escrita e o aparello de radio, era máis doado seleccionar o produto, porque a tendencia era única. A censura dominaba todo que chegaba ao público, (teatro, cine, música libros, revistas e xornais). O semanario satírico “La Codorniz” , de Álvaro de la Iglesia, daba unha información do artigo censurado: aquel espazo deixábao en negro. No cine decatábaste porque ademais de faltar a continuidade aparecía a marca do corte e protestabas pateando no chan protexido pola escuridade; o acomodador estaba pendente para sinalarte coa lanterna.

Os xornais eran os locais e os que chegaban –sempre con retraso-, de Madrid e Barcelona. Nos anos corenta tamén chegaba o “España de Tánger”, semanario con moita información cultural.

Había bos kioscos sendo o do “Perrete” o máis surtido. A figura máis salientable no reparto de xornais foi o ambulante Castro, (recoñecido nunha estatua de bronce, na rúa do Príncipe, fronte o museo MARCO).

Castro percorría Príncipe ata a Porta do Sol e parte de Policarpo Sanz cun feixe de xornais debaixo do brazo esquerdo; na outra man erguía un apoiado na punta dun dedo. –un equilibrista de periódicos-; movíase dun lado pa outro e pregoaba: -Faroooo… prensa de Madriii! Xunto a porta de Alfredo Romero poñía a mercancía pro reparto. Era o atractivo da zona.

O Mentireiro

A prensa estaba tan desprestixiada que –xocosamente- deron en chamarlle “o mentireiro”. Salvo as desgrazas ou as necrolóxica, o resto xa sabías de que ía.

Malia que os tempos mudaron a costume de adxectivalo permaneceu moitos anos, e aínda hoxe podes atoparte con alguén que che di: vou ler o mentireiro.

Eu son dos que len os xornais –pola miña deficiencia visual- en principio só os titulares, e aí xa podo distinguir: quen é o autor, o que quer dicir e a onde me quer levar, e logo préstolle atención ou paso del. Hai algún moi interesantes e hoxe vou reflectilo aquí, o titulo é: El despilfarro de las naciones. O autor: Santiago Lago Peñas, catedrático de Economía da U.Vigo, e director do Foro Económico de Galicia

“En economía podemos utilizar enfoques muy diferentes. Porque a la gente le preocupan cosas distintas. Tras una recesión lo que más urge es la creación de puestos de trabajo de calidad, la recuperación de las rentas perdidas, el volver a llenar las arcas públicas para controlar la deuda y reforzar los servicios. Todo lo anterior es fundamental también en el debate sobre la demografía o el futuro de las pensiones, por poner dos ejemplos relevantes y diferentes..

Pero el foco puede alterarse para centrarse en cuestiones de mayor calado o en el muy largo plazo o en la marea en que vivimos y pensamos. Las urgencias del día a día nos hacen dejar siempre estas cuestiones aparcadas o relegadas. Craso error. Debemos encontrar tiempo para pensar individualmente y como Sociedad. Solo así podremos detectar soluciones personales y colectivas de racionalidad discutible.

El consumo desenfrenado, la generación indiscrminada de la basura que contamina aire y mar, el turismo desbordado, las consecuencias de nuestras acciones sobre el cambio climático, la desigualdad a escala planetaria…Sobre todo ello y mucho más trata el último libro del profesor Albino Prada, bajo el titulo que encabeza esta columna. Una lectura recomendable”.

As reflexións verquidas neste traballo parécenme dignas de ser reproducidas e, por que non debatidas?

Coido que sería un bo tema á desenrolar nos Centros Comunitarios, Asociación Veciñais e Ateneos e en lugares acaídos para conversar.

Telmo Comesaña.  Outubro 2017