Cambio climático

Arestora xa se vai admitindo, o que hai anos nos viñan facendo saber os científicos sobor dos riscos para a humanidade, o problema do furado da capa de ozono e o quecemento do planeta que habitamos e maltratamos.

Xa nin os máis ousados –aínda que teñan primos que os aconsellan mal, moi mal-, se atreven a negalo. As mostras son evidentes. En tódolos países soan as alarmas: desastres naturais, propagación de pestes, -erradicadas unhas e descoñecidas outras-.

Os fenómenos que agora acontecen son froito do abuso descontrolado: superpoboación, e as formas de vida que nos leva ó esgotamento das materias primas esenciais pra vida, e a contaminación da terra, dos mares e do ar.

Mensaxes
Organizacións como Green Peace, Amigos da Terra -entre outras-, persoas como o explorador e investigador o francés, Jacques-Yves Cousteau, veñen avisando dende hai anos –moitas veces arriscando a súa vida-, do problema que se aveciñaba polo mal uso que se facía dos recursos do planeta. Non foron escoitados: a insensibilidade dunha sociedade dirixida por líderes políticos máis preocupados por manter o poder que polo futuro do sostemento da biodiversidade e o reparto racional dos recursos.

Voces críticas
-Federico Mayor Zaragoza (doce anos director da UNESCO), comentaba que “hai danos que xa son irreversibles” e laiábase da orientación desordenada con este sistema planetario. “Europa mudou os principios fundamentais”: hoxe todo está ó dispor dos mercados.

-José Miguel Gallardo (Meteorólogo), comentaba nunha conferencia en Vigo: “El protocolo de Kioto fue una estafa y el acuerdo de París, también”. Laiábase da inoperancia dos países para frenar o cambio climático; era contundente afirmando: “Nos estamos cargando el planeta”.

Moitas son as voces que se desoen, e os avisos que fan soar as alarmas. Nestes últimos anos xa estamos a padecer pragas descoñecidas que afectan ao noso sistema: á vista están os estragos do escaravello picudo que acaba coas palmeiras; a volutiña que arrasa ás colmeas de abellas melíferas: -gran problema, que ademáis da perda das colleitas do mel pérdese a polinización-; a polilla das patacas e a peste dos agrios que acaba cos limoeiros e laranxeiras. O kaki era o que non sufría ningunha peste, pero este ano as follas están cheas de lapa.

No mar, as altas temperaturas achegan especies invasoras e mareas “vermellas”. Os océanos están pragados de plásticos. Recentemente un investigador do IEO (Instituto de Estudos Oceanográficos), alertaba de como as partículas dos plásticos degradados, ían parar aos estómagos dos peixes.
Nos polos, ende mal, os xeos estanse desprendendo en bloques a deriva, e en terra os glaciares desaparecendo.

Antecedentes
Na década dos sesenta do pasado século publicouse un libro co titulo “Al polo bajo los hielos”. Recollía a viaxe de investigación do primeiro submarino nuclear “Nautilos” dos EE.UU. Pasar do Atlántico ó Pacifico por debaixo da capa xeada; entre outras moitas cousas da investigación quédome coa seguinte: emerxeron no mesmo polo norte aproveitando un dos movementos desa capa que produce aberturas momentáneas, chamadas “polinyas”. Ó pecharse muda a superficie e produce un gran estrondo.

Hai poucos anos xa se albiscaban posibilidades de pasar barcos con mercadorías dun ó outro océano, cousa que xa está á facerse. Recentemente era noticia de prensa: un barco xa pasara sen axuda de rompe-xeos.
Tamén se sabe que os osos polares quédanse en Islandia e pequenas illas ao non ter sitio no seu hábitat.

Resumo
Despois deste relato –nada acaido para min-, só me queda dicir que a cobiza superounos, e céganos a tolería de “cada vez máis”. Máis grandes, máis ricos, máis listos… máis e máis, ata o desatre total.
Seguimos queimando fósiles, furando no mar na procura de materias primas, arrasando os bancos de pesca e contaminando sen piedade nin responsabilidade algunha.

Din que a temperatura xa medrou algo máis ca un grao centígrado e pasar de 2.3 será critico. E nos desprezando a enerxía solar. Que irresponsabilidade!

Telmo Comesaña  Outubro 2017

Un comentario sobre “Cambio climático

  • el 18 de octubre, 2017 a las 15:15
    Permalink

    Un excremente artículo. Nos estamos cargando el planeta y no será por que no está anunciado.
    En cierto que el capitalismo extremo tienen buena parte de la culpa, pero también hay que reconocer que el marxismo tampoco aporto mucho en la sostenibilidad de los entornos naturales a través de la concepción materialista de la naturaleza.
    Lo cierto, es que en el monumento actual, por unos y por otros, el tiempo para hacer más habitable y sostenible el planeta se está acortando y no parece muy optimista el futuro de nuestros hijos y nietos.

Comentarios cerrados.