Naufraxio en Cabo Silleiro

Aquel ano o inverno era duro: choiva, frio e vento. Aconteceu o día 1  de xaneiro do 1949; correuse como un regueiro de pólvora a noticia do afundimento dun iate extranxeiro na punta dos Lobos-Cabo Silleiro; a nova non quedaba aí: o mar votara á unha  praia de Baiona unha nena xa grandiña, enriba dunha táboa do barco esnaquizado.

Ó día seguinte o xornal Faro de vigo ocupouse do acontecemeto e logo, como todo pasa e a vida segue, –naqueles anos aínda moi complicada-,a xente de fora da zona foi perdendo interés polo tema, salvo a veciñanza de Baiona e Oia que pola cercanía vivian mais de preto.

A historia en cuestión

Na miña casa xa se falaba doutro afundimento nese mesmo lugar. Un pesqueiro de Bouzas de nome “ABC”; facía parella co “Rosita”, no que ía o meu avó Eusebio de fogoneiro. Eles ían no mesmo rumbo, pero atenderon a chamada do barco sinestrado e deron “atrás-toda”. Do “ABC” morreron todos e só apareceu o cadáver dun home de Alcabre. (Eu non dou fe da história; contábama miña nai e miña avoa, que gardaban os xornais nun baúl nos que había outros naufraxios relacionados con persoas da familia).

Pasados algúns anos houbo outro acidente no mesmo lugar que fixo rememorar aquel no que -só se salvou a nena-, e morreron catorce.

Polo que eu sei, nos concellos que o viviron máis de preto, aquela nena sempre foi lembrada, e co tempo,  Arnhild Karlssen, náufraga do  ”Thalassa”, voltou a Baiona.

Na última páxina do Faro de Vigo, do pasado día 21 agosto 2017, hai un titular que di:

Foto: Faro de Vigo

La “Pequeña náufraga” regresa a Baiona.

La única superviviente del accidente del “Thalassa” (Cabo Silleiro, 1949) vuelve al pueblo en el que a los 10 años sobrevivió al naufragio  y visitará el taller donde se construye una maqueta del barco.

(…)La niña náufraga de Baiona , regresa hoy a la villa a sus casi 80 años en la que volvió a nacer cuando contaba con 10 años de edad. A los pies de Cabo Silleiro  en la dramática madrugada del 1 de enero de 1949. Esta ciudadana noruega es muy apreciada en  Baiona y Oia por su cordialidad y simpatía.

Arnhild naufragó cuando viajaba en compañía de familiares y amigos con destino a las islas Galápagos donde planeaban establecerse. Allí murieron 14 persona, entre ellas sus padres y hermanos.

Esta norueguesa, a pesar da traxedia refixo a súa vida: estudou, formou unha familia e seguiu navegando en barcos semellantes ó “Thalassa”.

Arnhild non se esqueceu de  Baiona e Oia. Voltou  en outras ocasións: no ano  2012 viaxou á Baiona para coñecer á oiense Arnilda.  Ela era a súa “irmá de nome” como Arnhild gustaba chamala. Aterrou en Peinador onde a esperaba Arnilda, que así fora bautizada como homenaxe de seus país á nena náufraga.. Non se coñecían, e o encontro foi moi “emocionante” e, as “irmás” estiveron varios días xuntas.

No 2015 voltou a Baiona e xa foi agasallada polas autoridades municipais: asinou no libro de honra do Concello,  no que deixou constancia do seu agradecemento.

Según Faro, esta visita do 21 agosto 2017   pronto terá continuidade, xa que en marzo virá para ser homenaxeada oficialmente  durante a presentación da maqueta do “Thalassa” (reproducción á escala, que está a facer o modelista naval  José Rodríguez). Nese acto tamén se recordarán aos falecidos con unha ofrenda floral no lugar do naufraxio.

Emocionante relato que nos leva a razonar a importancia da memoria, da solidariedade, do amor dun matrimonio   que bautiza a filla co nome daquela pequena indefensa que as ondas do  mar  tragaronlle a familia, deixárona na praia soiña e no maior desamparo.

Logo o encontro emocionado de Arnilda e Arnhild no aeroporto de Peinador, e máis tarde coas familias en Baiona e Oia.

Preto de 69 anos despois, os sentimentos están afortalados. Un exemplo para aqueles e aquelas que queren facernos esquecer a nosa memoria. A memoria dos netos e netas que, arestora seguen buscando onde poden estar soterrados os seus avós, tíos e outros familiares… Xente de media España busca tamén en Vigo, e ímolos atopando.

E o sentimento casi sempre é unha pregunta: por qué nos desprezan tanto?.

Hai memorias de onte para mañán, outras de séculos e milenios, que se estudan nos colexio; dos que se fala, se escribe, se leva ó cimema e dos que hai cátedras nas Universidades. Pola contra, a de 81 anos  prá  acó, non se quer recoñecer, nin oficialmente, nin socialmente, nin xurídicamente. Pero está aí e estará.

A xornalista de Faro remata  (…) Los ojos azules como el mar de esta baionesa de adopción,  pronto volverán a fundirse con las aguas del lugar de  donde surgió, va a hacer 69 años, para aferrarse a una vida que desde entonces no ha dejado de sonreirle, que ha encarado con valentía.

A maqueta do “Thalassa”  quedará exposta permanentemente no hotel  Talaso Atlántico.

Esperemos a data  para revivir a traxedia da que xurdiu: vida, esperanza, ilusións e memoria.

Telmo Comesaña   Setembro 2017

3 comentarios sobre “Naufraxio en Cabo Silleiro

  • el 25 de septiembre, 2017 a las 20:38
    Permalink

    Vaya historia bonita, a pesar del anufrágio. Hoy, leyendo unos articulos, descubrí uno muy interesante donde se habla de la existencia de la isla , real, de Robinsón Crusoe, por las costas de Chile. Un lugar de leyenda donde sólo se puede llegar, actualmente, en avioneta o en barco mercante. Fascinantes las historias del mar. Un abrazo Telmo

  • el 25 de septiembre, 2017 a las 20:42
    Permalink

    Por cierto, la isla de Robinsón Crusoe es un archipielago que lleva por nombre el de su descubridor, Juan Fernández. Están en pleno Pacífico y pertenecen al territorio de Chile, aunque están a más de 600 km de la costa. Y el escritor Daniel Defoe se inspiró en ellas y un marinero escocés, para crear su famosa historia del increíble naufrago literario

  • el 30 de septiembre, 2017 a las 9:43
    Permalink

    Que historia más interesante. Me gusta mucho enterarme de cosas del pasado que nadie suele recordar. Gracias Telmo por tus interesantes relatos!!!

Comentarios cerrados.