Xuntanza Carballiño

 

 

O sábado día 1 de xullo, Carballiño celebrou a XXXIV  Xuntanza de Maiores. A Consellería de Política Social financiou os autobuses para a asistencia de  usuarias/os dos Centros Sociocomunitarios a dito acto.

O Centro Sociocomunitario de Coia contou con 25 usuarios que decidiron ir a pasar o día nesa Xuntanza.

Pola mañan algúns dos Centros participantes ofreceron coreografías, moi ben acollidas polo público. O Centro de Coia xunto co de Teis, representaron dúas coreografías:  “Vente pa cá” e “Chantaje” da man do seu monitor Víctor.

Para a comida contaban con pulpeiras e postos ambulantes no mesmo parque, ainda que moitos optaron por visitar a vila e comer nalgúns dos seus restaurantes.

Pola tarde, música e baile amenizados por Toni Pérez y los Aquinos e xogos populares que garantizaron a diversión do evento.

Redacción

Un comentario sobre “Xuntanza Carballiño

  • el 12 de julio, 2017 a las 0:32
    Permalink

    ¡Qué lástima no haber podido acompañaros! Pero yo estaba de viaje, junto con unos 50 compañeros del Centro.
    Me alegro de que os saliera tan bien la xuntanza.
    Gloria.

Comentarios cerrados.