Viaxar en bus urbán (I)

Viaxar no bus urbán a cotío é unha riqueza. Malia que o bus é máis incómodo e ten desventaxas verbo do taxi ou do coche propio, como é o ter que achegarse a unha parada da línea que pase o máis preto posible do lugar ó que pretendas chegar. Asemade, no bus non tes garantido un asento e si che coincide no que se deu en chamar “horas punta”, podes quedar cos pes esmagados  ou estruchado contra unha barra: si é no vran, a vestimenta e máis lixeira, o estado da xente máis fatigoso  e molesto polo suor; pola contra,  no inverno a friaxe e a choiva son inconvintes, e cando os  paraguas escurren o auga no chan, peor.

Os inconvintes quedan superados polo que aprendes na observación ó través do tempo.

Empezo por intentar definir o que é o autobús, a súa utilización e o seu fin.

Despois de anos desprazándome pola cidade nos medios públicos de transporte urbáns: tranvías  ata o anos 1969, e en buses, -tecnoloxicamente cada vez mellores-, vou aprendento a mirar a vida doutro xeito, e os medios de transporte tamén nos axudan a razoar o que supón o paso do tempo.

Diante da pregunta do que é un autobús, calquera pode reacionar sorpresivamente e, abraiado , antes de contestar pode pensar: este non está ben dos miolos. E tamén pode ser certo. Eu asocio un autobús, como unha máquina rodante , levado  por unha persoa que ademáis de conducir nun espazo definido e parando nos puntos marcados pola organización, está pendente de que os pasaxeiros fagan o pagamento: en metálico ou coa tarxeta moedero.

O autobús é como un dixestor; -semella un animal mamífero, que precisa ser alimentado para vivir: osíxeno para respirar, liquidos e sólidos completan o aporte para desenrolar a súa etapa vital. Unha vez feita a transformación enerxética, debroca os residuos, que teñen que ser neutralizados .

O bus leva un motor para movelo, -valeiro ou con carga-, coas necesidades semellantes: precisa osíxeno para combustión, aceite para que non se gripe e combustible  en estado  liquido ou gaseoso.

O autobús cos elementos precisos para que cumpla o cometido  previsto , unha vez que o condutor ou condutora o poña en servizo, convértese nun dixestor, semellante ó motor, e o obxetivo e doble: trasladar viaxeiros e gañar diñeiro.

Vexamos o método empregado: chega a parada , abre porta e suben persoas;  o primeiro que fan e pagar, e logo vanse acomodando no lugar que consideran máis acaido; sentados, si hai banquetas libres, ou de pé;  onde mellor lles veña.

Os comportamentos difiren moito aos dos tempos idos: a xente entraba e saudaba ás persoas que lles quedaban a beira; algunhas traían un libro ou un xornal e púñanse a ler; outras aproveitaban para falar, -coñecéranse ou non-, entablando unha animada leria, na que contaban as súas vidas, as dos fillos e fillas, xenros e noras, netos e netas, parceiros, viciñanza, a história do can, ou da cabra ou do que puidera ser motivo de conversa, de tal xeito que a xente do arredor entérabase, coñecia e recoñecia a vida das familias  e…dos andacios, dos menciñeiros – sandadores dos males dos animais e das persoas, dos santiños e santiñas ás que se ofrecían para curarlles tal ou cual doenza. Era unha vida de complicidades.

Fun testemuña involuntario de moitas desas conversas e, eu mesmo particicpei en moitas delas, con xente coñecida e con outras que non volvín a velas. Empezabas saudando ou, contestando o saúdo, e o mais normal era empezar a falar. Moitas veces sorprendíame o xeito de tanteo antes de facer alguna pregunta, … -Xa que estou en Vigo, casi me achegaba a (tal ou cal sitio), pero aínda queda lonxe, non eh?…   -Home, lonxe, lonxe, non lle é moito, depende o que lle chame lonxe…  -Bueno, tampouco me apura moito, podo vir outro día, máis o saber sempre é bó, porque así xa se vai direto ó asunto…  –Pois claro home, vostede ten razón, canto máis se saiba mellor, pero dígame;  -á onde quér ir, oh?.  Como xa vé que atopou outro como él non lle queda outra que falar claro e, facer a pregunta concreta. Entón ten a resposta axeitada.

Atopar a unha persoa así, é moi bó porque podes levar a conversa ata onde el ou ela resistan. Vencer as resistencias e manter o diálogo do despiste é un entrenamento fantástico… conpre facelo de vagariño e sempre con ánimo de axudar, pero mantendo o “equilibrio” emocional.

A vida era familiar, ainda que algunhas veces podía haber rifas por cousas intrascendentes que remataban sin violencia.

Quédame por escribir sobor do trafego dun día ordinario nunha liña ainda sin definir. Pretendo que saia na vindeira achega coa axuda dunha parella amiga.

Telmo comesaña   xullo 2017

Un comentario sobre “Viaxar en bus urbán (I)

  • el 11 de agosto, 2017 a las 16:14
    Permalink

    Gustame iso de os medios de transporte axudan a entender o paso do tempo. Sempre reflexionei sobre o tema, avión, tren, coche, bici….. E como trocan a percepción do mundo, ao imprimir unha velocidade distinta a da escala human….. Non sei se explícome ben.

Comentarios cerrados.