Máis de museos:

Bienal de Lalín. Espazo Liñares. Mosteiro de Acibeiro. Exp. “Caruncho, sempre”.

Dende hai anos pertenzo a Agrupación de Amigos do MARCO. (Museo de Arte Contemporáneo de Vigo). Neste colectivo que abrangue unha parte importante da cidadanía viguesa, fanse, -ademais das actividades propias do Museo-, saídas a outros centros de interés: cultural, comercial, industrial terrestre e marítimo. Asemade, visitas aos museos de Galicia e resto de España. Compre suliñar, as saídas o estranxeiro a visitar e participar en encontros cos “Amigos dos Museos” internacionais de Europa, Nova Iorque, Rusia, etc.

Xornada cultural                                 

Ás nove da mañán, saímos de Vigo deica Lalín. Tiñamos previsto dúas horas de camiño, para estar con tempo á hora prevista, ás once e dez, e así aconteceu. O día estaba esplendido e todo facía pensar que sería de aprendizaxe e armonía, e así foi.

Recibiunos o comisario  dándonos as primeiras explicacións da importancia da 13ª edición da bienal  de arte Pintor Laxeiro.

Inaugurada  en  maio, abrangue ao longo de casi tres meses, actividades na biblioteca, auditorio  e lugares acaidos, concertos, cine,  poesía e conferencias, arredor do arte no momento no que andamos.

Vinte artistas invitados mostran as súas obras, e, asemade, plantexáronlles dous proxectos especificos a dúas artistas, Emma Crichton e Irene Grau,  claves, como son,  o estado  actual do legado  de Antonio Taboada  Ferradás” Wili”, e o conflicto que os veciños de Lalín manteñen, -dende hai anos-,   coa eléctrica  Gas Natural-Fenosa, a prol de impedir a desfeita do bosque de Casas Vellas.

Pazo Liñares e Mosteiro de Acibeiro

Esas dúas pezas non figuraban no programa, pero aproveitamos antes do xantar para achegarnos a parroquia de Prado, na que se atopa o recentemente recuperado pazo, que acubilla o museo dos Títeres de Galicia. Só por este museo paga a pena achegarse a Lalín; destaca a información do “barriga verde”.

O pazo é testemuña da fidalguía dezná. De estilo barrroco galego, foi casa dos Taboada, e nela naceu, Joaquín Loriga Taboada, referente da história da aviación. O seu nome figura nunha rúa de Vigo.

Mosteiro de Acibeiro. (O Acibeiro) Forcarei.

Indo deica  Pontevedra fixemos parada pra visitar  aquel conxunto monacal do Cister, recoñecido como “Monumento Histórico Artistico de carácter nacional”. Non nos foi doado entrar na igrexa por estar pechada. Na actualidade está habilitada como parroquia, mentras que, as dependencias monacais –debidamente reconstruidas-, funcionan  como hospedería monacal.

O  profesor e comisario, Ángel Castiñeiras Ulloa, -tamén  “amigo”-, déunos unha lección sobor do mosteiro e da figura da Virxe do Leite, que figura na fachada da igrexa amamantando ó neno. “A partir do concilio de Trento, xa non houbo virxes con teta, consideráronas non acaidas para a nai de Deus, e apareceu o purgatorio, o celibato e outras histórias da contrareforma”.  E digo eu: andivemos pra tras, e seguimos na mesma. Ben se vé que o purgatorio dá bos réditos.

Foto http://noticiasgalicia.es/ Xurxo lobato

Museo de Pontevedra

Chegamos a hora acordada. Por circunstancias alleas non iamos ter guía que nos dera a información necesaria, para entender un traballo tan intenso e longo no tempo, que nos puidera dar a coñecer máis de preto a Luis Caruncho, nado en Coruña, 1929 e finado en Madrid 2016.

Sesenta cadros dun artista que comezou aos dezasete anos, é moi complexa para aficionados. Precísase ser un mestre virtuoso, coñecedor non só da obra, sinon tamén da humanidade do artista.

E como por arte de máxia ou caído do ceo apareceu. Estabamos pensando qué facer e, de súpeto presentouse diante e díxomos: -si queredes fágovos compaña e douvos a explicación da mostra? Aceptamos de contado, que sorte tivemos!

Luis Ignacio García Seco, é o seu nome, foinos levando de cadro en cadro, facéndonos vivir os momentos nos que o arquitecto-pintor, Luis Caruncho –home inquedo, deportista e profesional de gran cultura e capacidade creativa-, ía evoluindo nas formas xeométricas que creaba matemáticamente.

Foi unha gozada. Sorprendeunos polos coñecementos do autor, e pola afervoada paixón coa que falaba, movéndose dun á outro lado para albiscar efectos imposibles de ver si non tes alguén que te sitúe no ángulo preciso de observación.

Xenial Caruncho e xenial Luis Ignacio. Ten a condición de namorado da profesión que escolleu. Triunfará sen dúbida. No meu nome e das demais persoas, moitísimas grazas.

Un aplauso forte e prolongado.

Telmo Comesaña