Festival Fin de Curso

Un ano máis o Centro Sociocomunitario de Coia celebrou o seu Festival de Fin de Curso e fíxoo os día 14 e 15 de xuño, coa asistencia dun gran número de persoas, un público xeneroso que gozou das actividades e actuacións que nos tiñan preparadas grupos artísticos, monitores, usuarios e poetas.

No transcurso desas dúas tardes todos os seus integrantes procuraron resumirnos en pouco espazo de tempo, horas e horas de traballo, actividade, exercicios, ensaios e adestramentos. Todos e cada un deles trataron de transmitirnos a paixón polo que fan o cal traduciuse nunha velada entretida, alegre e de goce de todos os seus asistentes.

Monitores e usuarios pasan horas preparando as exhibicións e coreografías para que a través deses exercicios nos poidan mostrar un pouco do que fan durante o curso animando ó mesmo tempo ás persoas a que participen nas actividades que se desenvolven no Centro Sociocomunitario de Coia que son moitas e moi variadas e beneficiosas para a saúde, de corpo e mente : En forma bailando con Sara, as Ximnasias e Pilates de Mónica, Danzas do mundo e Pilates e baile de Víctor, os Bailes latinos e de salón de Merche, o Taichi de José Antonio ou o Yoga de Vitoria.

En canto ós nosos grupos artísticos, alí estiveron coma sempre, para deleitarnos coas súas notas e as súas voces: o grupo de Pandeiretas do Centro coa súa monitora María Prego, as armónicas, os Bohemios, o grupo Xeito e Cuerdas y Voces, unha vez máis fixeron disfrutar ó público.

Tamén actuaron o grupo de teatro Cascabéis coa representación da obra “Os Xubilados” e Miguel e Candela coas súas historias en forma de poesía.

Agradecemos a participación de todos eles no Festival e tamén ó público asistente, dous pilares fundamentais para dar vida a estes actos tan nosos.

 

Redacción.

3 comentarios sobre “Festival Fin de Curso

  • el 22 de junio, 2017 a las 13:58
    Permalink

    Fue bonito el festival. Se nota que la gente se esmera y se respira buen ambiente.
    Noto en falta una foto del grupo “Cuerdas y Voces”.

  • el 3 de julio, 2017 a las 23:59
    Permalink

    Muy bien trabajo de redacción y fotografía. Gracias a todo el equipo de la revista. Besos. Víctor

Comentarios cerrados.