Axudas económicas para a atención da primeira infancia

Consellería de Política Social

ORDE do 12 de maio de 2017 pola que se regulan as axudas económicas para a atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos, a través do programa Bono concilia, e se procede á súa convocatoria.

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170524/AnuncioG0425-120517-0004_gl.html

Persoas beneficiarias:

Familias residentes na CA de Galicia que se atopen nos supostos seguintes:

  1. Ter unha filla ou fillo nacida/o con posterioridade ao 31 de decembro de 2014.
  2. Estar en calquera das circunstancias seguintes:
    1. Ter solicitado praza en escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos para o curso 2017/18 e non obtela, sempre que se exercese a opción do programa Bono Concilia.
    2. Ter solicitado praza en escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos para o curso 2017/18 exercendo a opción do programa Bono Concilia e cando, tendo dereito por puntuación a unha praza, o horario demandado non coincida co de apertura da escola infantil, porque ambos/as os/as proxenitores/as traballan en quenda de tarde ou en quendas rotativas, circunstancia que se acreditará documentalmente.
    3. Obter praza en escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos para o curso 2017/18 e que se modifiquen considerablemente as condicións en que esta foi concedida.
    4. Ter obtido axuda deste programa no curso 2016/17 e solicitala para a mesma nena ou neno.
    5. Ter un fillo ou filla que renove a axuda deste programa para o curso 2017/18 e obter praza nunha escola pública para un irmán ou irmá tendo marcado a opción do Bono concilia na súa solicitude.
    6. Residir en concellos onde non existan escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos.
  3. Non dispoñer doutras axudas para igual ou análoga finalidade outorgadas por outros organismos ou institucións públicas ou entes privados que, en concorrencia coa regulada nesta orde, supere o custo da praza.
  4. Escolarizar o neno ou a nena nunha escola infantil 0-3 non sostida con fondos públicos que conte coa autorización pertinente

Redacción.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *