Letras galegas: despois da festa

Os días pasan como lóstregos . Ó través dos dispositivos temos axiña o que acontece en calquera recuncho do planeta. As novas máis duras, sanguentas e terroríficas turban á nosa sensibilidade e,  para que non abandoemos as cadeas  que nos atan ó sistema, dannos fubol, e centos de entreteñementos. Entrementras  -subindo o tón dos aparellos-, métennos publicidade a esgalla, ofrecéndonos  -apostas-, para que sexamos ricos e felices: cun chalé fantástico, cun barco e cos coches máis prezados.  E así nos adormecen.

Reflexión

Intento reflexionar para min e en voz alta.

O día do homenaxe a Carlos Casares pola entrega da súa vida a prol da lingua galega, rematou; quédanos a satisfación dun deber cumplido e a preocupación pola lingua galega.

Estes días escoitei  -con preocupación-, respostas que demostran que non avanzamos nin siquera no que  propugna a Constitución do 1978 e o Estatuto de Galicia do 1981.

Trinta e cinco anos despois aínda non alcanzamos a paridade. Dende a Xunta de Galicia, Deputacións, Concellos, Xustiza e demais organismos do Estado na comunidade Autónoma non se cumple coa lei. Pola súa banda os partidos políticos  -salvo excepcións- tampouco se involucran. Como mal exemplo están, o delegado da Xunta en Vigo –cargo oficial- que non se digna en contestar en galego cando se dirixen a el. Ese desleixo dana a convivencia e non axuda a que a lingua sexa comprendida, respetada e querida.

Esas actitudes axudan a manter o desprezo e autoodio.  Non entendo que un galego rexeite a lingua por ser motivo de desprezo na súa adolescencia: confunden a vítima co vitimario. A lingua non fixo o daño: o dano foi de quen  a prohibiu, de quen a aldraxou, daquela e agora.  Agora porque se permiten actos en contra do seu uso, incluso en centros de ensino privados dos que se teñen feito manifestacións de desprestixio da lingua. Nos públicos, nalgúns casos o profesorado é reacio a materia en cuestión.

Consideración

A lingua é un potente motor económico, só temos que mirar cal era a profesionalización da cultura en Galicia e a que é arestora. Hai un importante colectivo de creadores –homes e mulleres-, adicados a esta tarefa: dende producción de música, libros, danza, escolas, instrumentistas, grafistas, cinema, etc,  que levan polo mundo o seu traballo e o seu saber, prestixiando á lingua e a Galicia.Viven dese traballo axudando a que medre o PIB  da Comunidade.

Sendo isto así, cómo é posible que se escoiten  frases como (…-creo que con esto  del gallego se nos está yendo la pinza, ou -no sirve para nada, ou -no quiero que mis hijos aprendan esa  lengua, ou  –lo importante es el inglés, ou – la lengua es una cuestión del alma cada uno habla la que quiere …).  Estes exemplos dan fe de que non estamos centrados nin no que somos como pobo nin nas leis que temos no país en que vivimos. As leis cúmplense ou deróganse; si están son de obligado cumprimento, pero independentemente das leis está o interés económico, que tamén conta, sobor de todo para ás persoas que se adican a esa tarefa; tan digna e necesaria para que non sexamos somente instrumentos de traballo.

As linguas non son cousa de ningunha alma. Son do pobo, e evolúen co paso do tempo. Os  imperios impóñenas, e diso no mundo temos dabondo: os países europeos, e España e Portugal primeiras,-con la cruz y con la espada- reventaron culturas, cambiaron os nomes das persoas, impuxeron a lingua e a administración. E así o fixeron, ingleses, franceses, belgas,  holandeses e alemáns. Como testemuña quedan no sur de Norteamerica  -noutrora española, ata que a vendeu- os nomes das cidades de, San Diego, San Francisco, Los Ángeles, Miami, etc. Alí, España impuxera a súa lingua e os americanos impuxeron o inglés. Na zona segue a falarse o idioma debido a inmigración do sur, pero a lingua oficial  é a do país que comprou o territorio, mentras que en Filipinas, desapareceu.

Resumo

As linguas manéxanas os  imperios, e velaí, que o caso témolo en España. Ata o século XV o galego floreceu, mais cando a coroa trocou por un dialeto a lingua foi esmorrecendo. (Pódese atopar información no libro, “Oito séculos de poesía galega”).

O imperio actualmente é a tecnoloxía, e esta fala inglés ata o punto que a investigación publicase en inglés; o galego non serve e o castelán tampouco.

Somos conscientes?

Fáltanos actitude?

Pa iso hai remedio. Un amigo meu que traballaba nunha empresa na que tiñan formación continuada, e co que tiña un frecuente cambio de impresións contoume unha

História

Unha tarde de vran, despois do xantar tiñan unha clase; o grupo era de dez compañeiros e o profesor dunha empresa de formación.

Comezaban ás tres da tarde e o corpo non estaba para mergullarse  na tarefa que o mestre impoñía: dáballes o sono, algún xa roncaba e a falta de atención era xeral .O mestre intentaba romper aquela pasividade: levantaba a voz, carraspeaba, pero nada podía facer sin que o grupo cambiara de actitude, entón parou e dixo: -xa vexo que non podemos seguir, e xa que logo vouvos contar unha história.

Nesta terra hai un mosteiro no que un frade ten sona de santo, e é tan importante que trascendeu fora do convento. Os rapaces que tiñan vocación pola vida conventual, facíanse a idea de entrar no convento en cuestión, e así o facían os que podían. O santo varón era un home vello, un pouco barrigudo e cunha longa barba branca.

Aconteceu que un día despois de xantar e facer  as oracións de rigor, levantou as mans deica o ceo e dixo: xa comin, xa bebín e xa orei, son feliz, e agora vou pescar. Un daqueles rapaces preguntou, -Podo acompañalo pai? E o frade contestoulle: – Pois claro fillo. Preto do mosteiro tiñan unha lagoa na que facían boas pescatas. Colleron os trebellos necesarios e fóronse deica ó lugar, -para o rapás descoñecido-; colleron a chalana e vogaron ata o lugar onde o pescador tiña as sinais de posición: colleu o pino manso coa torre da igrexa e outro punto que se reservou. Votaron liñas e ían picando, pescaron algo e perderon moito engado;  cando xa devalaba o día empezóu  a entralo peixe, pero, vaites vaites, que se lles acabou o engado e, o frade dixo: mágoa, agora que podíamos pescar non temos con que; fixo unha parada e díxolle ó rapás, -vou nun intre o convento a buscar engado, e votou a camiñar por enriba da auga e liscou. O rapás non daba creto ó que estaba a pasar, e de contado aí ven o frade camiñando por enriba da auga, chapoteando coa auga por enriba dos xeonllos. Non houbo comentarios; pescaron e voltaron ó convento. O aprendiz de pescador contoulle a história aos amigos, e estes rironse del. Pasados uns días vólvese a repetila escea e, ambolos dous volven a lagoa e acontece o mesmiño, acabóuselles o engado. O padre di: – pois teño que ir ó convento, entón o mozo non permitiu que fora o padre, e moi afoute dixo: vou eu e saltou da chalana e afundiu; o cura rescatouno e díxolle: agora que vexo que tes ACTITUDE, vouche ensinar onde están as pedras.

Qué falta nos fai alguén que nos ensine onde están as pedras! …compre ter a ACTITUDE.

Telmo Comesaña   maio 2017

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *