Letras galegas 2017 Homenaxe ao escritor Carlos Casares

Onte, día 17 de maio, dende hai anos instituido como o día das “Letras Galegas”, celebrouse a  -xa tradicional-, festa na nosa comunidade. Día de gloria, porque a lingua é o distintivo que nos identifica como pobo. “Unha patria, unha lingua e unha cultura”. Sin unha lingua  nosa, non teríamos cultura propia; non teríamos cine, teatro, música, danza, literatura, poesía, libros nin actividades que nos diferenciaran cos demáis pobos. A lingua é o noso gran tesouro. Mergullémonos nela; animemos aos indecisos de dentro e de fora do país; dos que chegaron hai anos e dos que están por chegar. Uns e outros, os de dentro e os que viñeron serán máis felices mergullándose connosco nesta tarefa de potenciación desta xoia inmaterial. Velaquí a miña mensaxe.    

Cada ano lémbrase a un autor ou autora finado máis de dez anos atrás.

Foi Rosalía  a “raiña do rexurdimento”, a primeira en ser honrada, e despois dela, foron pasando mulleres e homes merecentes da distinción. De suliñar a persoa requerida encargase a RAG (Real Academia Galega).

Coido que foi Cunqueiro quen desexou, “mil primaveiras máis para a lingua galega” .  Abofé que acertou, porque a lingua ven de lonxe; así se recolle no libro “Oito séculos de poesía  de galega”. Malia que tivo catro centurias de postración, entre os séculos XV a XVIII, e dos atrancos que seguiron poñéndolle os poderes invasores, chegou ata nós. E arestora, é lingua oficial co mesmo ranto co castelán; tan digna como sempre e falala xa non é un desprezo, é un orgullo o poder ter dúas linguas propias.

Manten a calma e fala Galego

O galego é unha lingua amable, doce e meiga;  unha lingua que nos arrola. Quén, nacido nesta terra non lembra os bicos e os agarimos das nais e das avoas, tías curmás ou amigas da familia, qué nena ou neno non apagaron os seus choros e adormeceron no colo quente e tenro da súa nai? Quén non escoitou a unha nai ou unha avoa consolar a unha crianza dicíndolle: ven acó filliño, collelo no colo e arrolalo ata amortecer as angurias da criatura?

Dicir naiciña, filliña, netiña ou avoiña. Leva consigo unha inmensa carga de ternura; e iso, dise en galego.

Cando reflexiono nestas cousas da nenez, sempre me ven a mente a miña tía Cecilia,  –irmá de meu pai-, que me collía no colo e enchíame de bicos, mollábame a miña tenra cariña coas bágoas que desprendían os seus ollos; e eu sentíame ben. Poñíame no chan e co mandil limpábame a cara e dábame un anaco de pan de millo, que sempre tiña para min. A quén abrazaba miña tía, por qué choraba…?

Nos anos de ditadura a lingua foi prohibida: nas escolas, –con moita máis contundencia nas relixiosas, xa foran curas ou monxas, que a maioría proccedían de Castela-, na igrexa, nas xestións nos centros oficiais, no trato coa garda civil, xuices, rexistradores da propiedade, etc.

A linua conservouna o pobo do rural. Falar galego estaba mal visto; considerábase de xente inculta e aldeá e mal educada. A burguesía  falaba castelán; algún tan mal que arrpiaba; –si tiñan cartos, ainda que culturalmente foran analfabetos xa se consideraban unha caste superior-. Pobre xente!

Había excepcións: familias que cando lle era doado falábano coa familia e cos amigos, e o xesuita, P. Seixas Subirá tamén o facía a cotío. Publicou un libriño con catro centos nomes  de  -homes e mulleres- en galego, e mesmo fixo unhas declaracións nun libro titulado “Conversas  do Pai Xaime Seixas  con Silvestre G. Xurxo”. Neste libro, aquel home cheo de sabiduría e humildade, fai un canto ao idioma nai, e, gábase de aprender falando coas xentes das aldeas. Tamén comenta os consellos do seu avó materno.  Aconsellábao a que falara galego, por ser unha lingua máis doce. E o avó falaba varios idiomas, por ser mestre de linguas ademáis da súa que era mallorquín.

A festa e os recoñecementos

As últimas semanas, a actividade cultural a prol da figura de Carlos Casares xa se desenrolou  nos centros de ensino. A figura do mestre-escritor estaba moi recoñecida.

Onte houbo música, teatro, canto, conferencias, danza e moita animación nas rúas.  Os centros culturais e comunitarios,  tamén se sumaron ós actos. O noso tamen o festexou con actuacións e poesia.

Agora queda un longo ano para seguir difundindo a obra e a bonhomía de Carlos Casares.

Disfrutémola nós tamén.

Telmo Comesaña   maio 2017

 

3 comentarios sobre “Letras galegas 2017 Homenaxe ao escritor Carlos Casares

  • el 18 de Mayo, 2017 a las 20:46
    Permalink

    Totalmente de acuerdo Telmo, pero las lenguas se sienten en el alma, y por mucho que se las persiga o se las imponga, no es lo efectivo. Hay que sentirse orgullosos de hablar muchas lenguas, porque así nos comunicamos con más gentes y, sobre todo, no usemos las lenguas como armas políticas porque es un grave error, que daña. Lo que me parece que le falta a tu artículo es una buena foto, para abrir, del gran Carlos Casares, que es el protagonista, por méritos propios, del Dia das Letras Galegas del 2017, con todos mis respetos por Rosalia.

  • el 20 de Mayo, 2017 a las 14:01
    Permalink

    Non Alex, a alma non é tan reducida como ti pretendes que sexa.coido que a alma si é que existe non creo que estea para ser disculpa dunha acción ou actividade concreta como é cumprir as leis que emanan da cnstitución e o estatuto de Autojnomía de Galicia.
    Non somos os galego falantes os que a utilizamos políticamente;son outros, e contan coa colaboración de persoas que desprezan (por iñorancia? por xenreira?)Non sei o motivo, pero aí está que persoas que se dín cultas confunden a vitima co vitimario e a lingua é a vitima. O vitimario hai que búscalo no ditador e nos colaboracionistas, daquela e de hoxe.
    As linguas fainas evoluir o podo coa pratica diaria,pero a imposición fana os imperios. E diso temos experiencicasno mundo e dentro da misma peninsula Iberica.
    Invitote a mergullarte no galego, vida e cultura.Amor d e dignidade. Riqueza social e económica. Fixate canto che pode dar a lingua galega
    Con afecto
    Telmo

  • el 21 de Mayo, 2017 a las 10:57
    Permalink

    Telmo, creo que esto requiere un buen debate, entre amigos, con un buen café. Siempre es un placer escuchar tus argumentos, los pueda o no compartir. Un abrazo amigo. Alex

Comentarios cerrados.