Lembrando nas clases de memoria

O pasado xoves Telmo Comesaña participou nun dos talleres de memoria deste Centro.
Telmo é un dos nosos compañeiros do equipo de redacción desta revista.Esta iniciativa, entre a profesora do taller, directora e Telmo pretende achegar a aquelas persoas que non acceden habitualmente á nosa revista a algún dos seus artigos, tras a súa lectura iníciase o proceso de lembrar e compartir vivencias en moitas ocasións comúns.

Esta experiencia resultou do agrado dos asistentes e espalla a semente para posteriores encontros. Ao noso parecer complementaría ó taller de memoria dando aos maiores a oportunidade de fortalecer lazos de convivencia, nunha actividade que non tería custo algún, na que Telmo e as súas vivencias serían o fío condutor para pasar un intre falando en boa compaña, algo que cremos tan necesario a calquera idade.
Redacción

2 comentarios sobre “Lembrando nas clases de memoria

  • el 18 de Mayo, 2017 a las 19:32
    Permalink

    Buena idea. Animo a que siga adelante porque Telmo es un libro viviente de temas, vivencias y hechos que él recuerda perfectamente. Para mantener bien el cerebro no hay mejor medicina que hablar, leer y hablar. Apoyemos las buenas ideas.

  • el 19 de Mayo, 2017 a las 11:02
    Permalink

    Grazas telmo por compartir con nos as tuas vivencias. Recordar o pasado non e malo, pero sobre todo facelo con esa actitude tan positiva que ti tes. Mirar o futuro recordando o pasado pensando no presente. A nosa clase esta aberta para escoitar as tuas lembranzas. Unha aperta

Comentarios cerrados.