Festival das Letras Galegas

O pasado martes, día 16, celebrouse no Centro o Festival das Letras Galegas, dedicado este ano ó escritor Carlos Casares.

Contamos entre os asistentes coa presenza do Delegado Territorial Ignacio López –Chaves e da Xefa Territorial Marta Iglesias.

Abriron o acto o grupo de pandeiretas do Centro e a continuación Mary Angelesnos dedicou unhas palabras sobre o homenaxeado para acabar recitándonos un dos seus poemas acompañada pola guitarra de Socorro.

Segui damente o grupo de teatro “cascabéis” interpretounos unha das súas obras e a continuación demos paso ós grupos musicais do Centro, Cordas e Voces, Xeito, o grupo de Armónicas e os Bohemios, facéndonos pasar un rato moi agradable todos eles co seu bo facer.

Agradecemos a todos eles a súa participación no acto e recordar que detrás desta actuacións hai moitas horas de ensaio e preparación para dedicarnos con toda a súa ilusión os seus temas.

Tamén o noso agradecemento aós nosos poetas, Candela, Gelu e Miguel polas súas poesías e a todos os asistentes por compartir unha velada alegre para poder conmemorar un dos nosos días grandes, o das Letras Galegas.

 Fotos Paco

Redacción

Comparte esta entrada!

    Deja un comentario

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *